viernes, 19 de octubre de 2012

GALICIA O PAIS DAS MARABILLAS


O meigo sacou da boina (ou foi do birrete?) un coello branco. O coello correu cara o televisor, saltou e penetrou na pantalla da TVG. Galicia, curiosa seguiu ó coello e en canto se acercou ó aparato unha forza absorbente, magnética, chupouna para dentro. Foi coma un refacho en remuiño, que lle centrifugaba as ideas convertendo a materia gris en materia rosa.

Entón a Galicia comezaron a acontecerlle cousas prodixiosas.

Os douscentos mil traballadores que perderon o emprego nos tempos do feiticeiro, teñen a bendita sorte de poder dedicarlle máis tempo ós seus. Tamén teñen a oportunidade de explorar outros países na procura de traballo.

Os universitarios saen a ofrecer os seus coñecementos polo mundo adiante. Non coma antes que os galegos tiñan que emigrar. Agora exportan coñecementos.

Os labregos, agora non son labregos, son empresarios leiteiros que poden permitirse vender o leite mellor e máis barato de Europa a 28 céntimos o litro.
Os pataqueiros do Limia, co valor de un saco de patacas poden comprar un pack de yogurt.

Os mariñeiros xa non teñen que facer tantos días de mar indo pescar as lonxevas augas da Mauritania, agora poden pescar ó abrigo do peirao.
As mariscadoras, e mariscadores, con un quilogramo de ameixas, poden permitirse tomar un cubata.

Os bateeiros, con un saco de mexillóns poden comprar o xornal a crédito, pois como son un colectivo que non sabe administrarse teñen un sistema de cobro especial, cobran cando cobran se cobran.

Nos estaleiros fanse barcoteis de papel contrato secreto, para que os empregados de Navantia poidan durmir na salas do concello de Ferrol.

As aulas acollen moitos máis alumnos para fomentar a solidaridade entre eles. De maiores poderán presumir de ter moitos compañeiros de aulas que chegaron a ser novos exploradores na China.

Os médicos poderán sentirse satisfeitos de poder dedicarlle dous minutos a cada paciente. De esa maneira non terán tempo de contaxiarse.

As listas de espera dos hospitais redúcense e os pacientes tamén. Coma no conto de Alicia.

Porque, señores, Galicia é un país ó que lle suceden todas estas prodixiosas cousas desde que foi aducida pola pantalla da TVG.

No conto de Lewis Carroll, Alicia despertaba ó caerlle unha folla de unha árbore na cara.
Como estamos no outono e as follas caen de seu natural, espero que o día 21 de outubro, caian moitas follas sobre Galicia que a devolvan a realidade.

jueves, 18 de octubre de 2012

NUNCA MAIS NON SIGNIFICA ESQUECEMENTO


Dez anos despois da catástrofe do Prestige estase a celebrar na Audiencia de A Coruña o xuízo para depurar responsabilidades.

Galicia estaba indignada polas mentiras procedentes dos responsables dos Gobernos, tanto do central como do autonómico.
Os mariñeiros vían como o chapapote chegaba á porta das súas casa, e cando ollaban cara a televisión asombrábanse ca cara lavada dos políticos que negaban a evidencia con imaxes paradisíacas das nosas costas.
Diante de tantas mentiras, de tantos enganos a indignación do pobo galego rebentou en multitudinarias manifestacións e en un grito unánime: NUNCA MAIS!



Aquela foi unha catástrofe que non se tornou en desastre total porque o pobo foi protagonista da maior epopea da historia de Galicia. Como un pobo desesperado que se enfronta a un exército invasor ben armado que avanza inexorable, os mariñeiros das nosas rías batéronse desarmados, coa forza que da a desesperación, contra ese negro inimigo que ameazaba con levar por diante o seu futuro e o dos seus fillos.

Un estremecemento recorreu a espiña dorsal do país ó ver as imaxes heroicas de aqueles homes do mar loitando desesperadamente contra aquel viscoso invasor. Miles de voluntarios solidarios, procedentes de toda España, achegáronse as nosas costas para axudar nas labores de limpeza.
Foi un xesto sen precedentes.

Toda Galicia se cubriu con un velo negro onde se podía ler o verro desesperado de NUNCA MAIS.
Nos coches, nas xanelas das casas, nos bandeiras dos barcos, nos postes da luz, nos bonetes dos mariñeiros e dos voluntarios, nas camisetas dos mozos...A calquera sitio que ollases encontrábaste co verro desesperado.

NUNCA MAIS!


Pero a nosa lingua, non é moi precisa, é coma nós. Ás veces dicimos unha cousa para que se entenda a contraria.
Por iso non debe sorprendernos, que ese NUNCA MAIS, que moitos galegos entendemos que significaba o final dos enganos de uns gobernos mentireiros e desprecavidos dos intereses do pobo, para outros significaba NUNCA MAIS vou acordarme de aquela historia, e como son masoquista encántame que me gobernen os que me menten e me enganan.

De outra maneira non se pode entender que hoxe goberne Galicia un dos altos cargos do Goberno da Xunta e o dos pequeños hilitos, sexa o presidente do Goberno da Nación.

Sería ben que os galegos o domingo día 21 de outubro lle dixesen ós que non o entenderon nen o queren entender, que NUNCA MAIS significa NUNCA MAIS!








As mentiras
Ya ha pasado el peligro más grave (15/11/2002) 
Estuve en la cacería y me vine sin participar en ella, pero estuve hablando con el presidente de la Cámara de Comercio de Madrid, el vigués Fernández Tapias, que sabe mucho de petroleros. Luego me vine para Galicia sin comer (24/11/2002) 
Manuel Fraga Iribarne, presidente da Xunta de Galiza.

Todo el fuel derramado que tenía que llegar a la costa ya ha llegado (17/11/2002) 
No puede hablarse de marea negra, sólo de un vertido de fuel (17/11/2002) 
A decisión de afastar o barco foi a mellor posíbel, porque así tocoulles un pouco a todos (10/11/2003) 
Enrique López Veiga, conselleiro de pesca da Xunta de Galiza.
Nuestros peces y mariscos alcanzan tamaños que nunca tuvieron (16/05/2003) 
Jaime Pita, conselleiro de Presidencia da Xunta de Galiza.
"El buque perdió algo de fuel al remorcarlo" (22/11/2002) (realmente, foron unhas trinta mil toneladas) 
No se trata de una marea negra, sino de manchas muy localizadas (23/11/2002) 
La impresión del gobierno es que el fuel se ha solidificado y lo que hay allí es aceite y combustible del barco (30/11/2002) 
Se piensa que el fuel está aún enfriándose, salen unos pequeños hilitos, los que se han visto, hoy en concreto, son cuatro regueros que se han solidificado con aspecto de plastilina en estiramiento vertical. Debe salir de alguna de las grietas. Están los técnicos estudiando qué significa eso (5/12/2002) 
Mariano Rajoy, daquela vicepresidente do goberno; na actualidade, PRESIDENTE DO GOBERNO DO ESTADO
Estuvimos planteándonos el haber bombardeado el petrolero con nuestros cazas F-18 y los Harrier de despegue vertical (20/11/2002) 
Las playas estaban limpias y esplendorosas, la visión era magnífica (24/12/2002) 
Federico Trillo, ministro de Defensa. 
"Lo más probable es que el fuel no toque la costa gallega" (14/11/2002) 
El destino del fuel en el fondo del mar es convertirse en adoquín (19/11/2002) 
El fuel del Prestige que se ha ido al fondo se solidificará, debido a las bajas temperaturas, y allí se quedará para siempre (19/11/2002) 
Arsenio Fernández de Mesa, delegado do Goberno.
Lo que hemos hecho es el trabajo que se tenía que realizar. Lejos de cualquier protagonismo y cerca de encontrar respuestas (20/11/2002) 
Jaume Me Matas, ministro de Medio Ambiente. 
Creo que hay alarmismos muy poco justificados (27/11/2002) 
José María Aznar, presidente do Goberno.
En la catástrofe del Prestige sólo hay un culpable: el barco (12/12/2002) 
Ana Botella, mujer-mujer 
Si llegara a deducir que la responsabilidad está en alguna autoridad pública me lo callaría, porque estaría perjudicando el patrimonio nacional(3/2/2003) 
Rodolfo Martín Villa, comisionado nomeado polo goberno para o Prestige. 
Es cierto que estuve el fin de semana del 24 de noviembre en Sierra Nevada, pero no esquié; sí recibí el premio Chirimoyo de Oro (5/12/2002) 
Francisco Alvárez "que me alejen el barco" Cascos, daquela Ministro de Fomento.









NOTA:
Contra os que sosteñen que non había outra posibilidade que arredar o barco, pensen que sinxelo sería rodealo con unha lona con un radio de uns cincocentos metros con uns chumbos e unhas boias que cercasen ó barco en un dos tantos abrigos que hai nas nosas costas e proceder a tirar o contido controladamente.