martes, 19 de febrero de 2008

O MEXILÓN: OS RISCOS DOS MONOCULTIVOS



Un barco mexiloeiro e unha batea, nun serán, na Ría de Arousa

O cultivo ou cría do mexilón é básicamente o sustento económico de unha gran maioría dos mariñeiros das Rías Baixas. A actividade económica que se xera o seu arredor de xeito directo ou indirecto é a máis importante da comarca.

Nas rías cultívanse cada ano arredor de 250.000 Tm. de este molusco das aproximadamente 300.000 que se producen en España (que como país é a segunda productora mundial, detrás da China), este dato dinos que as rías acollen a maior concentración de este cultivo .

En un espacio tan reducido como a ría de Arousa hai unhas 2300 bateas das arredor de 3.400 que se concentran nas rías. Esto indícanos que a situación nas rías é moi especialmente na de Arousa é técnicamente de monocultivo.

Unha vista da Ría de Arousa



Un monocultivo é sempre un perigo, tanto para o cultivo indicado, como para outras especies que ven alterado o seu ecosistema, chegando a desaparecer cando menos de ese entorno.

É un perigo para o monocultivo por a facilidade coa que se poden propagar as doenzas que poidan atacar a caste sobrecultivada e mesmo poden acabar coa súa propia subsistencia, víctima das súas deposicións ou por excesivo consumo de nutrientes básicos que non se renovan a mesma velocidade que son consumidos.


Nas rías xa desapareceron ou están en perigo especies tradicionais como o bocareu, o xurel, a robaliza, a pescada, o rodaballo, a agulla, a cabaliño de mar, o burás...así ata cerca de trinta especies.

Hai estudiosos do tema que sosteñen que o mexilón non prexudica e que mantén a limpeza das augas das rías, debido a cantidade de líquido que filtran (uns 70 millóns de litros/día por batea).

Quen moito come, moito caga, esto significa que unha gran cantidade de detritus se depositan debaixo do fondeadeiro de cada batea cobrindo fondos areosos ou rochosos que eran refuxio de castes de peixes e mariscos que fuxiron ou morreron asfixiados.
Por outra banda esa limpeza das augas da ría que tanto fai fincapé o investigador Uxío Labarta, contribuie a unha menor cantidade de placton en deterioro do alimento de outras especias.

Non quero por en cuestión a sostenibilidade do medio, mais quero alertar sobre os riscos que poden derivarse, se non se toman medidas, baseadas en estudios empíricos elaborados en laboratorios que reproduzan a escada o medio no que se desenvolven.

As Universidades Galegas deberían dispor de unha catedra do mexilón, onde se teñan en conta todas estas cuestións e tamén se investiguen novas formas de producción, comercialización e consumo.

O CSIC, aínda que conta con grandes profesionais que levan feito un gran traballo de investigación, considero que non é suficiente para dar satisfacción a tantas incógnitas que se plantexan, hoxe, tanto a escala medioambiental como económica.


Por iso compre que desde as agrupacións de productores se tome conciencia de que a Universidade ten que ser sensibel os requerimento que tanto a nivel económico como ambiental representa o reto de formar ós profesionais que mañán serán os que teñan nas mans a dificil tarefa de manter o equilibrio que permita a pervivencia deste importantísimo recurso en paz co medio.

Miles de postos de traballo están esperando ós fillos dos bateeiros máis capacitados, en áreas como son a investigación, o marketing, a elaboración ( Conserva, semiconserva, precociñado, restauración culinaria, etc.), comercialización, imaxe, distribución, conservación en frío, e todas aquelas fórmulas que os futuros estudiosos poidan aportar.



É unha pena que tantos fillos de mariñeiros con destacadas capacidades se lancen a estudar carreiras as veces tan esquisitas que nen os país as saben nomear e non se concentre esa forza intelectual en impulsar o futuro de un recurso do que estamos a cabeza do mundo en canto a producción!


Para rematar unha pregunta ¿por que razón o mexilón non se "saca" cando está en sazón, e dicir, no seu mellor momento de rendimento alimenticio e sanitario?


Esto conlevaría unha maior producción, pois o mexilón non tería que estar no mar máis tempo do preciso, exposto a temporais, á perda de "comida" cíclicas e ás epidemias, mentras se podería estar engordando unha nova colleita.


Eu apunto unha solución: A creación de unha gran planta de refrixerado acorde coas necesidades do sector e coas esixencias técnicas que precise a mellor conservación e comercialización do producto

sábado, 2 de febrero de 2008

O COMPLEXO INTERMAREAL E OUTROS HUMEDAIS

Lagoa de Carreirón
Hoxe celébrase o día Mundial dos humedais. É sabido que cando se fai unha celebración de estas é que algo marcha mal. Os humedais están correndo un grave risco de desaparición: primeiro drenáronse para aproveitamento agrícola e agora para aproveitamento urbanístico ou industrial.

Mais non está por demáis recoñecer, que anque os humedais son necesarios para o equilibrio biolóxico do seu contorno, que tamén son causa de molestias para os habitantes das súas proximidades: moscas, mosquitos, e outros insectos incordiantes, cheiros, lameiras, etc.
Velaí que haxa xente que vexa a eliminación de estas zonas, como unha especie de saneamento do lugar.

Cando se trataba de eliminar un humedal, non se dicía claramente. Utilizábase o eufemismo "sanear a lameira".

Partimos da crenza popular de que os humedais son natureza doente: insectos, algas en descomposición, augas arreloadas...

Polo contrario os humedais son a orixe da vida mesma, concretamente da vida terrestre. De eles saíron as primeiras prantas, que acabarían cubrindo a superficie da terra e os primeiros animais anfibios que logo evoluíron, dando lugar a todas as especies que poboaron a superficie terrestre.

A protección e coidado, hoxe, está garantida por lei, mais a realidade demóstranos que as leis sobre a protección da natureza, son tan sensibles como a propia natureza.
En moitas ocasións as propias medidas que se toman para protexer, son máis perxidiciais que beneficiosas. Estoume a referir a sendeiros, e outras actuacións que atraen unha maior carga humana, que altera o ritmo de vida das ave e de outros animais.

Todos os humedais desempeñan un papel primordial no equilibrio e na esencia de ecosistemas moi importantes, mais hoxe queríame referir os humedais das rías, que ademáis de ter a mesma relevancia que os demáis son o criadeiro de multitude de castes de seres vivos que desovan nas augas arreloadas da lameira e logo convertiránse nos pequenos peixes, moluscos e mariscos que dan riqueza a ría.

Cando se "sanea unha lameira" estase destruíndo un niño de riqueza.

Tendo en conta únicamente como repercute a súa eliminación ou descoido na economía dos mariñeiros e indirectamente na dos demáis poboadores da ría (das rías) penso que sería interesante, tamén, abrir un debate sobre a situación de cada un destes humedais, que considero están seriamente ameazados.

viernes, 1 de febrero de 2008

O TURISMO NA RÍA - As autoridades en Fitur.




A última semana de xaneiro atrae coma un imán as autoridades locais da Ría de Arousa cara a Feira Internacional de Turismo (Fitur) que se celebra cada ano por estas datas en Madrid.
Anque a ría conforma unha entidade única, os representantes dunha banda van por o norte os da outra van por o sur e entre os concellos de cada banda uns van por leste e outros polo oeste.
É o minifundismo levado o campo do turismo.

O turismo constituie un fenómeno sociolóxico de singular importancia para economía de moitos países. As Rías Baixas, e moi especialmente a ría de Arousa, teñen un potencial turístico alternativo e suxerente que debera atraer a un tipo de turismo selecto en razón de unha oferta que tamén ha de ser acorde co que este turismo demanda.

As Rías conforman un recurso natural esencial na economía dos seus ribeireños:
Viticultura e horticultura en terra e pesca, marisqueo e cultivos no mar, son a base desta economía (non o esquezamos).

O desenvolvemento turístico non pode interferir nen por en risco esta riqueza. Non se pode facer unha política turística nunha localidade que poña en perigo a economía de toda a comarca. Por iso hai que definir que tipo de turismo interesa e a partir de esa hipótese diseñar a oferta que poida atraer ó tipo de turismo que nos convén.

O que estou espoñendo parece sincelo, mais non o é tanto, pois xa existen vilas que apostaron duro por un turismo de masas, que de consolidarse en todo o contorno acabaría con tódolos demáis recursos (incluído o propio turismo, carente xa de atractivos). Hai, pois, uns intereses creados que interfiren a hora de tomar decisións compartidas.

A Mancomunidade de Municipios do Salnés, que agrupa os municipios da marxe esquerda da ría de Arousa ten, ou debería ter, intereses encontrados, pois hai Concellos, como Sanxenxso, con un turismo consolidado e definido e outros que se encontran en proceso de definición, como é o caso do Concello da Illa de Arousa, que considero que non debe apostar por ese tipo de turismo.



A Mancomunidade de Municipios Arousa Norte, que xungue os concellos do Barbanza, tamén ten distintas propostas, mais os intereses non esán tan encontrados coma na banda do sur.



Ambalasdúas mancomunidades están a facer un esforzo mediático (feiras, festas, degustacións, páxinas web, etc.) co fin de divulgar as excelencias paisaxísticas, gastronómicas e climatolóxicas que nos enfeitan.



Esta promoción debería facerse conxuntamente aforrando recursos económicos que ben se poideran aplicar a unhas infraestructuras das que carecemos e que axudarían a atraer un tipo de turismo de un maior poder adquisitivo, que podía deixar os mesmos ou máis beneficios, sen comprometer seriamente a sostenibilidade.



Non se trata de elitismo turístico, trátase de sostenibilidade, de protección do medio, que non resiste un turismo masificado.



(Mañan día dous de febreiro celébrase o día internacional dos humedais, é un bo día para facer unha reflexión sobre os humedais das rías, todos eles en maior ou menor medida, agredidos por o fenómeno turístico)



A Xunta de Galicia, as Deputacións Provinciais da Coruña e Pontevedra, as Mancumunidades e os Concellos, unha vez aceitado este feito deberían unir esforzos para intentar atraer ó tipo de turismo que precisamos.



Pazos, adegas, mosteiros, retorais, casas señoriais, faros, casas mariñeiras con recursos para poder pescar con un guía, casas rurais onde o turista poida participar nas tarefas do campo, etc.

Todos estes recursos poden ser activados de forma privada ou coxestionados coas distintas administracións.

jueves, 31 de enero de 2008

Álvaro Siza Vieira e o polideportivo do Vao

No outono o arquitecto Manel Somoza ofreceume un libro da súa autoría titulado:" Álvaro Siza, conversas no obradoiro", nestas conversas recolle multíples reflexións sobre a arquitectura (funcionalidade, estética, repercusión social, e outras moitas e moi interesantes disquisicións).


Álvaro Siza é un arquitecto Portugués nacido en Matosiños , que como profesional está considerado coma o poeta da arquitectura.

Acadou os máis altos galardóns da arquitectura universal:

Premio de Arquitectura contemporánea Mies van der Rohe (1988)

Premio Pritzker (1992)

Premio da Fundación Wolf das Artes (2001)






Estes son os mais importantes premios da Arquitectura actual.


As súas obras máis representativas convertíronse en santuarios ós que peregrinan novos arquitectos e xente interesada pola arquitectura.

A obra de Siza exténdese por todo o mundo, anque as súas intervencións máis sonadas ubícanse en Europa (Berlín, Oporto, Barcelona,Santiago de Compostela, Alicante, A Faia-Holanda-, Venecia, Madrid, Lisboa...).


Tamén é profesor visitante de varias universidades entre as que se encontran as de Lausana, Pensilvania, Bogotá, Harvard.


Estamos, pois diante de un dos arquitectos de maior recoñecemento a nivel mundial.


Na solapa da portada do mentado libro do meu paisano e inusitadamente amigo, Manel Somoza, leva un inconfundible diseño do arquitecto portugués, no que ó pé se lé "Debuxo de Alvaro Siza para o complexo espotivo da Illa de Arousa, Pontevedra, 1988".


Cando Siza, sendo o arquitecto mellor valorado polos arquitectos contemporáneos ainda non recibira nengún dos premios máis importantes que logo recibiría, o Concello de Vilanova de Arousa fíxolle o encargo de realizar unha intervención na área do Vao.


Era unha intervención delicada, tratándose de un espacio tan sensible, e o mesmo tempo (acabábase de inugurar a ponte) era a porta da Arousa.


Esta foi a razón pola que o alcalde, despois de asesorarse entrou en contacto e finalmente convenceu ó arquitecto de Matosiños para que realizase un proxecto de un polideportivo no Vao






Anque estaba pragado de traballo non se resistiu a facer algo en aquel entorno delicado, pois significaba un reto para a súa idea de integración da arquitectura na paisaxe, sumando e nunca restando.
Alvaro Siza nunha batea de mexilóns, na Illa de Arousa



Encontrándome hai uns anos en Toquio, ollando os debuxos dunha revista (era o que podía facer, pois non sei xaponés) que lía un xaponés sentado nunha cadeira do tren "Bala" , deume un golpe o corazón cando a toda páxina vexo uns diseños que me son familiares. Fixo a miña atención e leo debaixo deles en signos latinos a palabra Illa de Arousa perdida entre centos de caracteres chineses. Non puden conterme e saieume sen querer aunha exclamación:
"¡Ahí vivo eu!".



Eran os mesmos deseños que aparecen na solapa do libro.


Centro Galego de Arte Contemporáneo
Quen coñeza a Illa de Arousa sabe que esa obra non se realizóu e probablemente non se vai realizar nunca, perdendo para sempre a oportunidade de contar con complexo asinado por un dos máis importantes Arquitectos do século.
Maqueta polideportivo Vao (ILLA DE AROUSA)




Como curiosidade quero dicir que este proxecto foi o primeiro que realizou Siza en España, anterior o Centro Galego de Arte Contemporáneo, e a Villa Olímpica de Barcelona.



Alvaro Siza co Autor do libro, Manel Somoza, e co Alcalde de Vilanova de Arousa no ano 1988

miércoles, 12 de diciembre de 2007

O URBANISMO NA ILLA DE AROUSA

Anuncio dunha constructoora baixado da internet.
No mes de Maio varios veciños encerráronse na Casa do Concello reivindicando a condonación dunhas sancións impostas pola Administración por construir nunha marxa afectada por a Ley de Protección de Costas.
Estábamos en plena campaña electoral de cara ás eleccións municipais.
Estes señores sabían perfectamente que calquera resolución que se tomase o respeito era allea a Administración Local e incluso ó actual Goberno da Xunta de Galicia.¨
Tratábase simplemente dunha manobra política que sen nengún tipo de escrúpulos manipulaba os problemas de unha xente que por ignorancia, consellos interesados ou simplemente por pura prepotencia, manexaba a uns veciños en beneficio dun determinado partido político, que para máis "inri ", en aquel intre nada tiña que ofrecer , nen a nivel legal , nen caciquil (que é o que mellor saben facer cando teñen o poder).
Resumindo: para esta xente toda a Illa de Arousa debería ser edificable e convertirse nunha Manhatan da ría.

Esta semana caiu nas miñas mans un panfleto anónimo con unha suxerente portada de unha illa absorvida por un mono de traballador da construcción e co unico título dun correo electrónico (opinailla@gmail).
Habitualmente non me paro a ler anónimos, pois para mín teñen o mesmo valor que os "disques", é dicir fume que denota que a leña que arde está verde ou colleuna a chuvia fóra. E xa non falo da cobardía que significa facer afirmacións ou descalificacións sen responsabilizarse de asumir a autoría. Quero pensar que o anonimato foi por simple timidez.
O panfleto en custión mixturaba o fume dos incendios do verán do 2006 que empozoñaban o ceo cos verquidos do "prestige" que contaminaron o mar e co cemento que constriñe a Illa de Arousa, dando unha visión apocalíptica e extremadamente demagóxica da realidade urbanística actual.

Resumindo: para Opinailla, a Arousa, é un bloque de cemento inabitabel que deixa os seus moradores sen traballo.

A todos nos gostaría poder morar nunha illa paradisíaca sen alleos que nos molesten e o mesmo tempo poder gozar de tódolos adiantos que a tecnoloxía actual nos ofrece. Mais ó día de hoxe esta posibilidade e irrealizabel por moitas razóns que teñen que ver coa solidaridade, coas leis, co crecemento da poboación e con un longo etc.

Entre as duas posturas extremas que se expoñen ten que haber unha terceira que aposte por un crecemento sostible da Illa de Arousa.
Nesta é na que nos temos que por de acordo.



Desde aquí convídote a participar neste debate, agradecendo por adiantado a túa apreciada colaboración.