AS PREFERENTES.
Hai uns anos en este mesmo
blog escribín unha entrada co título de “Caixas ou pandeiros”.
En el mofábame da disputa mediática (política) e do chauvinismo co
que enredaban o palangre, cando en realidade só se estaba tratando
de poder e de diñeiro. O que menos lle importaba a eses “señores”
(con todo o respecto ós verdadeiros señores) era Galicia e aínda
menos a maioría dos galegos.
Xúrovos que non teño
ningún trato co demo pero dáme que pensar que sempre que auguro
algo malo o tempo dáme a razón.
Velaí cen mil galegos que
en un malabarista xogo de mans ven desaparecer os seus aforros de
esas mans amigas e paisanas nas que todos confiabamos, as nosas
Caixas.
Uns son xubilados, que
precisan de uns euros para axudar ó seu fillo que perdeu o traballo,
outros son xoves que estaban aforrando para unha casa e agora
precisan o diñeiro para ir capeando o temporal e outros son
traballadores que ven que todos os sacrificios da súa vida, os que
lle garantían certa estabilidade no futuro se converten na súa
maior preocupación.
Convencérannos de que os
Bancos eran seguros e non o dubidábamos. Xa só os moi vellos
falaban que se acordaban da creba do banco de Tal que lle collera os
aforros dos avós de Fulana ou de Fulano. Batallas de vellos,
pensábamos. Agora os bancos están controlados por os Bancos
Centrais e pola CMV. Teñen a garantía do estado.
Que problema hai?
Problema non había ate
hai uns vinte anos, pois os Bancos eran maioritariamente nacionais e
movíanse dentro de seu territorio con un control estatal. A
globalización fixo que os bancos máis importantes de cada pais se
lanzaran a conquista do mundo. Fusións, anexións, “opas” e
outras formas de integración fixeron que menos de cincuenta bancos
administren máis da metade do diñeiro do mundo. Estes bancos teñen
máis poder que os dos estados que os acollen. Estes bancos, e os
seus lobbies premeron nos gobernos para que estes os liberaran de
algúns controis que segundo eles freaban a súa expansión. Libres
de trabas comezaron unha política coñecida como enxeñería
financeira na que sacaron produtos ó mercado capaces de producir
milagres, facendo crecer a riqueza de particulares, institucións e
países ó marxe da súa produtividade nos sectores da economía
tradicional. A idea que lograron transmitir ó cidadán era a de que
para facerse rico había que especular co diñeiro. O traballo físico
ou intelectual era cousa de apoucados ou de xente ancorada no pasado.
Chegados
a este punto os bancos convértense no verdadeiro poder que domina o
mundo. Vivimos en unhas democracias tuteladas por os banqueiros.
Creceron tanto e téñennos collidos por salva as súas partes, que
non hai maneira de vencelos. Espero que coma ós dinosauros sexa o
seu tamaño o seu peor inimigo.
E
das preferentes, que?.
A miña
opinión é que si o Poder Xudicial inda está libre da tutela
bancaria, ese pode ser un camiño para recuperar o diñeiro retido.
En todo caso o camiño será longo.
Tamén
cabe a posibilidade de politizar o asunto levándoa mobilización a
extremos incómodos para o Goberno. Este pode ser o camiño máis
curto.
-
Aplicado ós bancos
A VOSA SAÚDE!
(Se
coñeces o chiste do pastor e o tren que lle matou as ovellas,
recorda o dito: “Hai que matalos de pequenos”).
No hay comentarios:
Publicar un comentario