miércoles, 8 de abril de 2009

OS RESULTADOS DAS ELECCIONS AUTONÓMICAS-09 PROXECTADAS A NIVEL LOCAL


Vendo o gráfico dos resultados das eleccións autonómicas do primeiro de marzo na comarca de Arousa observamos que nos concellos gobernados por forzas progresistas, estas perderon forza, mais non de xeito que poña en perigo o seu futuro.
Así podemos ver que extrapolando os resultados  seguirían no poder das forzas coaligadas os concellos que figuran en vermello no gráfico: Illa de Arousa, Caldas , Catoira, O Grobe e Vilagarcía.
Por outra banda seguirían en mans conservadoras os outros seis Concellos: Cambados, Meis, Ribadumia,Meaño, Sanxenxo e Vilanova.
Mais, se estes resultados se comparan coas derradeiras consultas electorais comprobamos que as forzas progresistas están a perder votos en todos os concellos, mentras que o PP está a  rañalos nos concellos gobernados por os socialistas en solitario ou en coalición cos nacionalistas e ten un aumento considerable nos concellos en que gobernan.
Esto lévanos a facer algunhas preguntas:
Xestionan mellor a cousa pública os conservadores?
Evidentemente, non é así.
Están máis o carón dos problemas do día a día?
En determinadas situacións de marcada sensibilidade populista, sí.
Saben vender mellor a súa xestión?
Contestarei coa resposta do panadeiro de Ribadavia, que cando lle preguntaban cal era o mellor panadeiro do lugar contestaba: "O que vende mellor o pan resésego que o pan do día"