miércoles, 17 de noviembre de 2010

AS DEPUTACIONS, PARA QUE?

No ano 1838, durante a primeira Guerra Carlista a rexente María Cristina de Borbón , creou as Deputacións provinciais para ofrecerlle o goberno a destacados liberais e atraelos con este privilexio a súa causa.
Tamén lle serviron para neutralizar o sentimento nacionalista periférico ( estamos a referirnos ó comezo do Romanticismo, semente do nacionalismo) reforzando o poder central a través de unha rede provincial tecida e dirixida desde Madrid.
As deputacións foron con contadas excepcións niños de caciques que exercían o control social e político das provincias conforme ós intereses do goberno central.
Van alá mais de 175 anos é as deputacións seguen a cumprir o mesmo cometido, pois ó non ser elixidos os deputados directamente polo pobo que representan, non teñen necesidade de render contas ó electorado. E dicir, son un elemento con vida propia dentro da democracia e a marxe da democracia. Si se tratase de un corpo vivo, en términos médicos podíamos denominalo un cáncer.
A evidencia dinos que hai corrupción en organismos fortemente controlados pola oposición e polos medios de comunicación. Entón cabe preguntarnos como será esta corrupción nas deputacións que o control da oposición e mol, pois os deputados están a bailarlle a auga ó Presidente para que lle permita coller as frangullas que caen da mesa e levalas os seus concellos e os medios de comunicación están sometidos a chantaxe da “publicidade institucional”, que en moitos casos e o ferro ardente o que se agarran para subsistir.
Nada hai que impida a desaparición das Deputacións provinciais ou a substitución por outros organismos máis en consonancia coa realidade actual. De feito as Deputacións Forais do Pais
Vasco e Navarra son de elección directa e os territorios insulares e as comunidades uni-provinciais
non teñen deputacións. En Cataluña para o ano 2.011 desaparecerán e serán substituídas por outros organismos máis acordes coa configuración actual do territorio, denominados Consells de Veguería.
Nos primeiros anos da Democracia, ata o 1985 no que xa se conforma o Estado das A utonomías hai que recoñecerlle as Deputacións que asumiron propostas de desenvolvemento e vertebración, tan necesarias e importantes en aquel intre.
Coa aparición dos gobernos autonómicos as deputacións quedan sen contido. As distintas consellerías nomean os seus delegados provinciais, o goberno central un subdelegado e varios delegados competenciais.
O certo é que as deputacións non teñen competencias específicas, canalizan axudas e subvencións arbitrariamente. A pesar de non ter competencias arrastran unha débeda importante, que se contabiliza como débeda do estado. En consecuencia, son responsables tamén da situación delicada da Facenda Pública.
Por outra banda, os partidos políticos utilizan as deputacións para acomodar os ex-alcaldes (que perderon a Alcaldía na última convocatoria) ou a concelleiros (profesionais da política) ou pescados para o partido con esa condición.
Por outra banda, son un órgano de propaganda política, as veces viscosa e caciquil, que compra vontades con descaro e presunción.
Isto explica que os grandes partidos políticos concorden en non tocar ás deputacións.
Con todo o que nos costa a mantenza destas institucións podíanse evitar os recortes que sufriron os funcionarios e a conxelación das pensións por moitos anos.

No blog Arousa día a día ofrécese unha testemuña real da utilización que se fai das deputacións. sito-vazquez.blogspot.com/