miércoles, 19 de diciembre de 2012

OBELIX NA PATRIA DE TINTÍN


Obelix (Gerard Depardieu) acompañado de outros desertores fuxindo cos seus tesouros cara ó imperio romano

Estou triste porque me traizoou o meu heroe.
O compañeiro inseparable de Asterix. O simple e esforzado Obelix, sempre disposto a loitar altruistamente polas causas xustas coa súa descomunal forza. Seixo nos zapatos dos centurións romanos que querían render á irredutible aldea gala. Comedor insaciable de xabariis. Escultor e repartidor de menhires.
Traizooume, traizoou a toda a aldea gala, non quería pagar os impostos (non necesitaba escolas nin seguridade social) pasouse ós romanos, fíxose imperialista, amigo do césar.
Agora reside na patria de Tintín, outro dos meus heroes. 

jueves, 8 de noviembre de 2012

PASANDO POLO ARO


Os boletos no seu medio natural teñen forma de rollas de cava
Esta semana pasada apañando cogomelos na serra de Soajo encontrei á agulla no palleiro. Un incrible caso de un Boletus Edulis , que de forma natural meteu o pé e o sombreiro polo colo dunha botella. Apostaría a que foi un caso único na Natureza. Pero foi. O que nos demostra que os seres vivos son capaces de reproducirse nas condicións máis adversas.
O boleto transformase para meterse na botella que o asfixia.
O paradigma de esta adaptación ó medio somos os humanos, capaces de crear condicións para resistir tanto ó medio físico coma ó climático máis adversos.
 Somos incluso capaces de adaptarnos a medios sociais que non resistirían o resto das especies. Soportamos que nos tiren a liberdade, o dereito a unha vivenda digna, o dereito á saúde, o dereito á educación... A historia móstranos elocuentes exemplos de esta adaptación.  
Agora estou pensando naqueles españois, que coma o boleto  se meteron (e nos meteron) polo colo da botella coma un un tapón de cava,sen reparar que o pé que se afusta contra o interior do colo deixa sen are e sen vida ás esporas.
Hai outras formas de saír da crise.
Non entres polo colo da botella!
Revélate!

viernes, 19 de octubre de 2012

GALICIA O PAIS DAS MARABILLAS


O meigo sacou da boina (ou foi do birrete?) un coello branco. O coello correu cara o televisor, saltou e penetrou na pantalla da TVG. Galicia, curiosa seguiu ó coello e en canto se acercou ó aparato unha forza absorbente, magnética, chupouna para dentro. Foi coma un refacho en remuiño, que lle centrifugaba as ideas convertendo a materia gris en materia rosa.

Entón a Galicia comezaron a acontecerlle cousas prodixiosas.

Os douscentos mil traballadores que perderon o emprego nos tempos do feiticeiro, teñen a bendita sorte de poder dedicarlle máis tempo ós seus. Tamén teñen a oportunidade de explorar outros países na procura de traballo.

Os universitarios saen a ofrecer os seus coñecementos polo mundo adiante. Non coma antes que os galegos tiñan que emigrar. Agora exportan coñecementos.

Os labregos, agora non son labregos, son empresarios leiteiros que poden permitirse vender o leite mellor e máis barato de Europa a 28 céntimos o litro.
Os pataqueiros do Limia, co valor de un saco de patacas poden comprar un pack de yogurt.

Os mariñeiros xa non teñen que facer tantos días de mar indo pescar as lonxevas augas da Mauritania, agora poden pescar ó abrigo do peirao.
As mariscadoras, e mariscadores, con un quilogramo de ameixas, poden permitirse tomar un cubata.

Os bateeiros, con un saco de mexillóns poden comprar o xornal a crédito, pois como son un colectivo que non sabe administrarse teñen un sistema de cobro especial, cobran cando cobran se cobran.

Nos estaleiros fanse barcoteis de papel contrato secreto, para que os empregados de Navantia poidan durmir na salas do concello de Ferrol.

As aulas acollen moitos máis alumnos para fomentar a solidaridade entre eles. De maiores poderán presumir de ter moitos compañeiros de aulas que chegaron a ser novos exploradores na China.

Os médicos poderán sentirse satisfeitos de poder dedicarlle dous minutos a cada paciente. De esa maneira non terán tempo de contaxiarse.

As listas de espera dos hospitais redúcense e os pacientes tamén. Coma no conto de Alicia.

Porque, señores, Galicia é un país ó que lle suceden todas estas prodixiosas cousas desde que foi aducida pola pantalla da TVG.

No conto de Lewis Carroll, Alicia despertaba ó caerlle unha folla de unha árbore na cara.
Como estamos no outono e as follas caen de seu natural, espero que o día 21 de outubro, caian moitas follas sobre Galicia que a devolvan a realidade.

jueves, 18 de octubre de 2012

NUNCA MAIS NON SIGNIFICA ESQUECEMENTO


Dez anos despois da catástrofe do Prestige estase a celebrar na Audiencia de A Coruña o xuízo para depurar responsabilidades.

Galicia estaba indignada polas mentiras procedentes dos responsables dos Gobernos, tanto do central como do autonómico.
Os mariñeiros vían como o chapapote chegaba á porta das súas casa, e cando ollaban cara a televisión asombrábanse ca cara lavada dos políticos que negaban a evidencia con imaxes paradisíacas das nosas costas.
Diante de tantas mentiras, de tantos enganos a indignación do pobo galego rebentou en multitudinarias manifestacións e en un grito unánime: NUNCA MAIS!



Aquela foi unha catástrofe que non se tornou en desastre total porque o pobo foi protagonista da maior epopea da historia de Galicia. Como un pobo desesperado que se enfronta a un exército invasor ben armado que avanza inexorable, os mariñeiros das nosas rías batéronse desarmados, coa forza que da a desesperación, contra ese negro inimigo que ameazaba con levar por diante o seu futuro e o dos seus fillos.

Un estremecemento recorreu a espiña dorsal do país ó ver as imaxes heroicas de aqueles homes do mar loitando desesperadamente contra aquel viscoso invasor. Miles de voluntarios solidarios, procedentes de toda España, achegáronse as nosas costas para axudar nas labores de limpeza.
Foi un xesto sen precedentes.

Toda Galicia se cubriu con un velo negro onde se podía ler o verro desesperado de NUNCA MAIS.
Nos coches, nas xanelas das casas, nos bandeiras dos barcos, nos postes da luz, nos bonetes dos mariñeiros e dos voluntarios, nas camisetas dos mozos...A calquera sitio que ollases encontrábaste co verro desesperado.

NUNCA MAIS!


Pero a nosa lingua, non é moi precisa, é coma nós. Ás veces dicimos unha cousa para que se entenda a contraria.
Por iso non debe sorprendernos, que ese NUNCA MAIS, que moitos galegos entendemos que significaba o final dos enganos de uns gobernos mentireiros e desprecavidos dos intereses do pobo, para outros significaba NUNCA MAIS vou acordarme de aquela historia, e como son masoquista encántame que me gobernen os que me menten e me enganan.

De outra maneira non se pode entender que hoxe goberne Galicia un dos altos cargos do Goberno da Xunta e o dos pequeños hilitos, sexa o presidente do Goberno da Nación.

Sería ben que os galegos o domingo día 21 de outubro lle dixesen ós que non o entenderon nen o queren entender, que NUNCA MAIS significa NUNCA MAIS!








As mentiras
Ya ha pasado el peligro más grave (15/11/2002) 
Estuve en la cacería y me vine sin participar en ella, pero estuve hablando con el presidente de la Cámara de Comercio de Madrid, el vigués Fernández Tapias, que sabe mucho de petroleros. Luego me vine para Galicia sin comer (24/11/2002) 
Manuel Fraga Iribarne, presidente da Xunta de Galiza.

Todo el fuel derramado que tenía que llegar a la costa ya ha llegado (17/11/2002) 
No puede hablarse de marea negra, sólo de un vertido de fuel (17/11/2002) 
A decisión de afastar o barco foi a mellor posíbel, porque así tocoulles un pouco a todos (10/11/2003) 
Enrique López Veiga, conselleiro de pesca da Xunta de Galiza.
Nuestros peces y mariscos alcanzan tamaños que nunca tuvieron (16/05/2003) 
Jaime Pita, conselleiro de Presidencia da Xunta de Galiza.
"El buque perdió algo de fuel al remorcarlo" (22/11/2002) (realmente, foron unhas trinta mil toneladas) 
No se trata de una marea negra, sino de manchas muy localizadas (23/11/2002) 
La impresión del gobierno es que el fuel se ha solidificado y lo que hay allí es aceite y combustible del barco (30/11/2002) 
Se piensa que el fuel está aún enfriándose, salen unos pequeños hilitos, los que se han visto, hoy en concreto, son cuatro regueros que se han solidificado con aspecto de plastilina en estiramiento vertical. Debe salir de alguna de las grietas. Están los técnicos estudiando qué significa eso (5/12/2002) 
Mariano Rajoy, daquela vicepresidente do goberno; na actualidade, PRESIDENTE DO GOBERNO DO ESTADO
Estuvimos planteándonos el haber bombardeado el petrolero con nuestros cazas F-18 y los Harrier de despegue vertical (20/11/2002) 
Las playas estaban limpias y esplendorosas, la visión era magnífica (24/12/2002) 
Federico Trillo, ministro de Defensa. 
"Lo más probable es que el fuel no toque la costa gallega" (14/11/2002) 
El destino del fuel en el fondo del mar es convertirse en adoquín (19/11/2002) 
El fuel del Prestige que se ha ido al fondo se solidificará, debido a las bajas temperaturas, y allí se quedará para siempre (19/11/2002) 
Arsenio Fernández de Mesa, delegado do Goberno.
Lo que hemos hecho es el trabajo que se tenía que realizar. Lejos de cualquier protagonismo y cerca de encontrar respuestas (20/11/2002) 
Jaume Me Matas, ministro de Medio Ambiente. 
Creo que hay alarmismos muy poco justificados (27/11/2002) 
José María Aznar, presidente do Goberno.
En la catástrofe del Prestige sólo hay un culpable: el barco (12/12/2002) 
Ana Botella, mujer-mujer 
Si llegara a deducir que la responsabilidad está en alguna autoridad pública me lo callaría, porque estaría perjudicando el patrimonio nacional(3/2/2003) 
Rodolfo Martín Villa, comisionado nomeado polo goberno para o Prestige. 
Es cierto que estuve el fin de semana del 24 de noviembre en Sierra Nevada, pero no esquié; sí recibí el premio Chirimoyo de Oro (5/12/2002) 
Francisco Alvárez "que me alejen el barco" Cascos, daquela Ministro de Fomento.









NOTA:
Contra os que sosteñen que non había outra posibilidade que arredar o barco, pensen que sinxelo sería rodealo con unha lona con un radio de uns cincocentos metros con uns chumbos e unhas boias que cercasen ó barco en un dos tantos abrigos que hai nas nosas costas e proceder a tirar o contido controladamente.

viernes, 27 de abril de 2012

POÑENDO AS COUSAS NO SEU SITIO.


As prodixiosas mentes pensantes que xiren a economía mundial, capaces de converter a palla en ouro, non foron quen de prever as consecuencias que determinados produtos bancarios orixinarían no mercado até o punto de poñer en evidencia as vergoñas do actual sistema económico global.
Algúns economistas e analistas económicos xa tiñan advertido do perigo. Pero non eran relevantes. Eran marxinais, ignorados ou desprezados por os “gurús” da economía.
Nos EE.UU. onde se detectaron os primeiros casos de grandes entidades bancarias contaminadas con produtos tóxicos, o goberno do republicano Busch, optou por rescatar estes bancos con diñeiro público. Tiña outras dúas posibilidades, deixalos caer ou nacionalizalos. Dada a cor do goberno non cabía esperar outra solución.
Debido as promiscuas relacións que os bancos manteñen entre si, unha nova “peste” expandiuse por todo o sistema financeiro mundial.
Agora os incendiarios convértense en bombeiros e son os mesmos xenios que fabricaron a “sida” os que nos dan as receitas para curala.
(Todas estas receitas van con cargo a seguridade social dos traballadores, con copago incluído).

Aproveitando o impacto producido na sociedade por esta situación de grave inestabilidade económica, é o momento de poñer orde no sistema económico occidental, agravado por outras doenzas, como son a dislocación e a competencia dos mercados das economías emerxentes.
Este é o momento de poñer ás economías occidentais en situación de competir con China e compañía.
Estamos en un mercado global onde non existen diferencias no costo das materias primas, dos transportes, da tecnoloxía, etc. que determinan o prezo dos produtos manufacturados. O problema está fundamentalmente no mercado do traballo. Os traballadores en Europa son moi caros. A industria europea non pode competir coa dos países onde se explota os traballadores e os nenos.
¿Que facer?
Podemos barallar dúas saídas e inda unha terceira mixta.
A primeira, a ética, consistiría en non permitir nos países occidentais a importación de produtos fabricados en países nos que exploten ós menores ou non se garantiren uns salarios dignos e unhas coberturas sociais semellantes ás que temos en Europa. Esta opción, que debía ser a elixida por uns países que se gaban de defender os dereitos humanos, non se toma en consideración porque vai contra as sacrosantas leis do libre mercado.
A segunda, a do terror, consiste en aterrorizar ós traballadores hasta paralizalos para que acepten pasivos unhas condicións laborais semellantes as que hoxe teñen os traballadores dos países emerxentes.


 En esas estamos. Poñendo as cousas no seu sitio.

miércoles, 25 de abril de 2012

CAPITÁNS DE ABRIL




Aqueles caraveles vermellos que reventaron nas rúas alfacinhas o 25 de abril de 1974, fóronse murchando e mudando a súa cor, ate o punto de non ser recoñecibles. Primeiro cor de rosa, logo amarelos e agora mesmo azuis.
Os Capitáns de Abril, negáronse por primeira vez a asistir a Conmemoración de 38 aniversario da Revolución. Os presidentes Socialistas da  República, tamén.
O actual goberno quebrou o espitito da Revolución dos "cravos" . 


A crise e o goberno portugués mataron o que non foron capaces de sufocar os tanques da Dictadura salazarista de Caetano.




                                                Un momento do film "Capitáns de Abril".



CRAVOS VERMELHOS ENVERGONHADOS…
Rogério Martins Simões

Ainda há pouco eu era prisioneiro de opinião no meu próprio país;
Ainda ontem engrossava a multidão com cravos.
O tempo passou depressa e, na pressa, vai-se esquecendo que, para haver liberdade, muito foram os que lutaram e morreram.
Volto ao antes de ontem, adolescente, escrevendo poemas por metáforas com medo de ser preso.
Hoje, volto a pensar nos meus sonhos de abril;
Nas minhas mãos cheias de cravos: ilusões, e resquícios d´um odor a cravos vermelhos envergonhados...
Rogério Martins Simões


sábado, 14 de abril de 2012

AS PREFERENTES


AS PREFERENTES.

Hai uns anos en este mesmo blog escribín unha entrada co título de “Caixas ou pandeiros”. En el mofábame da disputa mediática (política) e do chauvinismo co que enredaban o palangre, cando en realidade só se estaba tratando de poder e de diñeiro. O que menos lle importaba a eses “señores” (con todo o respecto ós verdadeiros señores) era Galicia e aínda menos a maioría dos galegos.

Xúrovos que non teño ningún trato co demo pero dáme que pensar que sempre que auguro algo malo o tempo dáme a razón.
Velaí cen mil galegos que en un malabarista xogo de mans ven desaparecer os seus aforros de esas mans amigas e paisanas nas que todos confiabamos, as nosas Caixas.


Uns son xubilados, que precisan de uns euros para axudar ó seu fillo que perdeu o traballo, outros son xoves que estaban aforrando para unha casa e agora precisan o diñeiro para ir capeando o temporal e outros son traballadores que ven que todos os sacrificios da súa vida, os que lle garantían certa estabilidade no futuro se converten na súa maior preocupación.

Convencérannos de que os Bancos eran seguros e non o dubidábamos. Xa só os moi vellos falaban que se acordaban da creba do banco de Tal que lle collera os aforros dos avós de Fulana ou de Fulano. Batallas de vellos, pensábamos. Agora os bancos están controlados por os Bancos Centrais e pola CMV. Teñen a garantía do estado.
Que problema hai?

Problema non había ate hai uns vinte anos, pois os Bancos eran maioritariamente nacionais e movíanse dentro de seu territorio con un control estatal. A globalización fixo que os bancos máis importantes de cada pais se lanzaran a conquista do mundo. Fusións, anexións, “opas” e outras formas de integración fixeron que menos de cincuenta bancos administren máis da metade do diñeiro do mundo. Estes bancos teñen máis poder que os dos estados que os acollen. Estes bancos, e os seus lobbies premeron nos gobernos para que estes os liberaran de algúns controis que segundo eles freaban a súa expansión. Libres de trabas comezaron unha política coñecida como enxeñería financeira na que sacaron produtos ó mercado capaces de producir milagres, facendo crecer a riqueza de particulares, institucións e países ó marxe da súa produtividade nos sectores da economía tradicional. A idea que lograron transmitir ó cidadán era a de que para facerse rico había que especular co diñeiro. O traballo físico ou intelectual era cousa de apoucados ou de xente ancorada no pasado.

Chegados a este punto os bancos convértense no verdadeiro poder que domina o mundo. Vivimos en unhas democracias tuteladas por os banqueiros. Creceron tanto e téñennos collidos por salva as súas partes, que non hai maneira de vencelos. Espero que coma ós dinosauros sexa o seu tamaño o seu peor inimigo.

E das preferentes, que?.
A miña opinión é que si o Poder Xudicial inda está libre da tutela bancaria, ese pode ser un camiño para recuperar o diñeiro retido. En todo caso o camiño será longo.

Tamén cabe a posibilidade de politizar o asunto levándoa mobilización a extremos incómodos para o Goberno. Este pode ser o camiño máis curto.

- Aplicado ós bancos
 A VOSA SAÚDE!

(Se coñeces o chiste do pastor e o tren que lle matou as ovellas, recorda o dito: “Hai que matalos de pequenos”).

ANIVERSARIO


   Si a Segunda República fose unha muller hoxe estaría de aniversario. Exactamente hoxe 14 de abril de 2012 cumpriría 81 anos, dous anos menos do que a media de vida de calquera muller española contemporánea (da súa quinta).

   Non lle deron opción a contribuír a mellorar a lonxevidade das españolas, pois ós cinco anos comezaron a torturala e antes de cumprir os oito xa a tiñan enterrada, mesmo aqueles que lles importaba (impórtalles) máis a vida dos non natos que a de tantas criaturas que morreron, ou mellor dito, mataron.

   Hai moitas maneiras de matar. De fame, de vergoña, de contaxio, de sucidade, de falta de atención ou de cariño, de malos tratos...Estoume referindo a estas formas de aniquilar ó ser humano. Inda que non faltan casos de mulleres preñadas e de criaturas que foron asasinadas por esa caste de españois que non aceitan que os que non pensan coma eles teñan sequera dereito a vivir.
(En este intre venme a cabeza a imaxe de Miguel Hernández escribíndolle o seu fillo as nanas)

Que estas chuvias de abril que acabaron con tanta seca fagan brotar esa flor tricolor, para que as súas sementes igualdade, fraternidade e solidariedade aniñen con ilusión e alegría no corazón dos españois.