lunes, 25 de mayo de 2009

AQUÍ EN ESTE PUEBLO SOBRA LA INSTRUCCIÓN





No mes de maio os potes de barro florecían na solaina da casa dos meus bisavós.

Eran xeranios vermellos, que se esparramaban ata pousarse na varanda de madeira de tea.

A miña bisavoa sentada nunha vella cadeira de asas colocada de maneira axeitada para que lle batese o sol nas pernas e a sombra na cabeza, despois da cabezadiña da sobremesa, contábame contos de santos e de bandidos.

En varias ocasións contoume o conto de San Perico:

San Perico era un apóstolo. Máis non só…Era o elixido por Xesús para ser a cabeza da igrexa. Malia a cabeza de san Perico non tiña cabelo. Deus para compensar deulle unha fermosa barba - xustificaba miña bisavoa - e as moscas tampouco respectaban tan transcendental testa.

 Cando un día unha ousada mosca aterrou na lustrosa coroa e lle enterrou o ferrón, san Perico, que era de pronto súpeto, votou man dos seus superpoderes e matounas todas.

Anque nunca gustei das moscas, a aquel meniño que escoitaba embebido aquelas historias parecíalle inxusto, que san Pedro, por unha mosca matase todas.

Un ousado e valente anónimo, que se agacha debaixo do seudónimo de Pepito, e que dí ter sido meu alumno, neste mesmo blog insúltame e descualifícame como docente e como persoa. É o seu parecer e non pretendo emendalo. ( Non vou retiralo, quen queira lelo está nos comentarios ós resultados das eleccións do 1 M, baixo o pseudónimo de Pepito).

O que non comprendo ós meus anos, como non comprendía de neno no conto, é que lle fixeron os outros catro Mestres que nomea literalmente (cinco si contamos outro que cita noutro blog) . E todos os demais Mestres que pasaron polas aulas da Illa de Arousa, os que cualifica, sen excepción, de "tropa bolivariana".

Desde a miña maneira de ver, sempre subxectiva, mais honrada, quero manifestar o meu orgullo por formar parte de un colectivo de docentes tan competentes, preocupados e capacitados, coma os que se nomean e ós que pretendidamente se insulta. Digo pretendidamente, pois ata para insultar é preciso saber. Ser Bolivariano non é o mesmo que ser chavista. Bolivar foio o gran líder da independencia de Sudamérica. Bolivariano é un seguidor das ideas de Simón Bolívar, que era un criollo, e nada teñen que ver coa doutrina de Hugo Chavez.

Para xustificar os cualificativos que lle dedico os meus compañeiros de aulas (o pé de un cento), hei de recoñecer que non todos eran excelentes; pero si, a maioría. Non hai máis que comparar os resultados académicos e as actividades escolares para, ver que non desmerecen os de outros centros públicos ou privados.

Varios alumnos foron distinguidos con importantes premios tanto a nivel provincial, como autonómico e incluso un a nivel comunitario.

Algúns profesores foron recoñecidos con galardóns, tanto individuais como colectivos (Segundo Premio “Rodríguez de la Fuente”, por un traballo sobre as orixes, formación, flora e fauna de Carreirón).

Juan Otero Maeztú, máis coñecido por Juanito de Luísa ou Juanito o do Nicho, foi o bardo por excelencia durante o século pasado na Arousa. Dotado de unha notable intelixencia crítica, de unha fina ironía, e de unha capacidade extraordinaria para versificar deixounos un puñado de coplas que nos mostran as grandezas e miserias da época e tamén o pouco que mudaron estas en tantos anos.

Nun libro de coplas de tradición oral recollidas, mecanografadas e ata decoradas con orlas por os alumnos de octavo nivel de Primaria do Colexio Público no curso 1980-81, aparecen varias atribuídas a Juanito de Luísa. Entre todas escollo esta que segue para ofrecerlla a todos os Pepitos presentes, pasados e futuros:

        San Julián Bendito,

que tan alto estás,

que “haiga”más Maestros

no consientas ya.


Aquí en este pueblo

sobra la instrucción,

“para pescar chopos

chéganos Ramón.”


En el Cabodeiro

el muelle da compasión

tiene Cada brecha

para tragarse un bocoy


Y los adoquines

por obra de Dios,

no hay “dorna polbeira”

que no tenga dos.

12 comentarios:

Na Arousa dijo...

Excelente artigo, parabéns. Hai tres partes ben diferenciadas. Quédome coa primeira e coa última. Penso que a do medio sobraba. Pero xa que a puxestes, si me permites, vouche recomendar algún enlace. Eu tampouco son admirador de Chávez, mais penso que o trato que se lle está a dar a toda a información que ven de Venezuela é tendenciosa e pouco obxectiva. Seguro que lees El País. Pódoche decir que é o peor medio para informarse do que verdadeiramente acontece en Venezuela.

www.rebelion.org
www.kaosenlared.net

Aí vai parte do que xa puxera noutro comentario do 2 de marzo de 2009.

http://www.kaosenlared.net/noticia/escasa-cultura-democratica-medios

Que di entre outras cousas s seguintes:

"En realidad, el prestigioso centro de estudios económicos de Washington, CEPR (Center for Economic and Policy Research) en su análisis de los indicadores económicos y sociales durante los últimos diez años en Venezuela, da un notable alto a las políticas económicas del gobierno Chávez. Entre otros indicadores, CEPR muestra que Venezuela ha sido uno de los pocos países que han conseguido sobrepasar el objetivo del programa de Desarrollo Humano de las Naciones Unidas (de reducir la pobreza extrema a la mitad) disminuyendo de un 25% de la población en 2003 a un 7,6% en 2007. También ha visto una de las reducciones de las desigualdades más notables ocurridas en Latinoamérica. Tal gobierno ha reducido también el desempleo en diez años, pasando del 11,3% al 7,8%, habiendo a la vez aumentado la población que recibe beneficios de la Seguridad Social (doblándola), consiguiendo ello a la vez que ha reducido la deuda pública pasando de un 30% a un 14% del PIB (ver Chavez Administration at 10 years: The Economy and Social Indicators. CEPR).

Rescatando este comentario tamén atopei unha análise dos resultados das eleccións autonómicas do 1 de marzo. Agora, que xa pasou un tempo igual é o momento de reflexionar de verdade. Aí vai o enlace a unha análise dos mesmos.

http://www.encontroirmandinho.org/analisecarlos.pdf

Xa para rematar, decirche que son os mesmos que non querían unha casa de cultura nin unha biblioteca. Decían que eso non era necesario na Arousa. Afortunadamente sempre foron os menos e pudéronse facer esas e outras moitas cousas que nos fan sentir orgullosos do noso pobo e que cambiaron a concepción de moita xente.

Mira que a miña intención era darche caña, pero vendo os tempos que corren, xa o farei noutra ocasión.

P.S. Vexo que non engadistes as modificacións suxeridas. Ánimo. É sinxelo.

sito vazquez dijo...

Olá Na Arousa.
Gracias por os parabéns, que considero inmerecidos. Actualmente paso moito tempo en Portugal nun lugar sen cobertura de rede, por ese motivo non teño vagar de facer os arranxo que me tes suxerido. Cando estou na Illa váiseme o tempo lendo ou redactando.
Non quería entrar a valorar o "chavismo", que coñecendo como eu coñecía de primeira man a situación política de Venezuela (estiven un mes (1983) para recoller a medalla do Bicentenario de Simón bolívar, o Botón de Ouro da Irmandade Galega e para fundar a asociación de Fillos da Illa de Arousa)e a corrupción que detectei, considero que a situación actual non pode ser peor que a pasada, ó marxe dos logros económicos e sociais, dos que tamén estaba o tanto.
Cando me deas "caña", dame da do Ulla, que é máis aromática e ten menos gradación.
Un saludo.

McMill dijo...

Pois concordo, "Na Arousa", no xeral do artigo, e tamén en que demasiadas novas sobre Venezuela son tendenciosas ou exaxeradas: se algún país nacionaliza un banco, son medidas anticrise, se o fai Vzla, é "comunismo". Ademáis a alfabetización é case 100%, a cultura musical é moi ampla e un medio para saír dos "ranchitos", etc; pero si que hai demasiado "adoctrinamento" polo medio, según os meus parentes vzolanos.
A ver, e ese presidente non sabía se adiantar ou atrasar media hora a poucos días do cambio oficial, que dixo se o "ser humano lleva aquí 20 ó 25 siglos", ou que presume de tomar "pasta de coca" (sería "folha de coca" que non é igual)... Festival del Humor ...

Anónimo dijo...

Cousas da democracia popular que algúns quererían...

COLEGAS DENUNCIA UNA OLEADA DE REPRESIÓN CONTRA LGBT EN CUBA

7.500 LGBT MULTADOS O DETENIDOS EN LOS DOS ÚLTIMOS AÑOS EN CUBA

Madrid, a 28 de Mayo de 2009 . La Confederación Española COLEGAS de Lesbianas, Gays, Bisexuales y Transexuales quiere denunciar la ola represiva contra homosexuales y transexuales que sufre la isla de Cuba por parte de la policìa ofreciendo un doble discurso muy contradictorio.

El Comité Cubano Pro Derechos Humanos LGBT informa de que sólo durante la semana del 23 de Marzo al 29 de Marzo se produjeron 73 arrestos en la ciudad de La Habana por parte de la Policia Nacional Revolucionaria de jóvenes LGBT en base exclusivamente a su orientación sexual. El pasado 27 de Marzo, el vicepresidente de la Fundación LGBT “Reinaldo Arenas” fue detenido durante 4 días con la excusa de recibir formación académica de una universidad americana. El pasado 15 de Marzo, 34 LGBT fueron apresados por 46 agentes de policía armados en la Playa del Chivo, lugar muy frecuentado por LGBT para socializarse, y tras pasar por comisaría 8 fueron enviados a prisión, 13 deportados a sus lugares de origen en el interior del país y el resto multados económicamente. El pasado 25 de Junio de 2008, varias organizaciones LGBT y de Derechos Humanos, no controladas por el gobierno, intentaron realizar una concentración con motivo del Orgullo Gay en el parque Don Quijote de la capital cubana, pero la Seguridad del Estado intervino para impedir la realización mediante arrestos y detenciones.

Información completa en:

http://www.colegaweb.org/index.php?option=com_content&task=view&id=769&Itemid=144

Sito, recoméndoche outra "etiqueta" porque se non terás que asumila como un fracaso persoal.

Anónimo dijo...

Sobre Venezuela, á que debes de ter moi esquecida, recoméndote o seguinte libro:

El poder y el delirio. Enrique Krauze. Tusquets

E este é un fragmento dun artigo de Vargas Llosa en El País, e que a esquerda ten certas querencias por rodearse de personaxes entranables:

"Uno de los aspectos más interesantes de la investigación de Krauze es mostrar la influencia que ejerció sobre Chávez un pintoresco personaje de híbrido prontuario, Norberto Ceresole, peronista, profesor de la Escuela Superior de Guerra en la URSS, representante de Hezbolá en España, antisemita y neonazi militante, autor de libros de geopolítica que negaban el Holocausto. Luego de haber estado vinculado a la dictadura militar de izquierda del general Velasco Alvarado en el Perú, Ceresole se convirtió en asesor y panegirista del comandante Chávez, a quien acompañó en sus giras por el interior de Venezuela."

Todo o artigo en:

http://www.elpais.com/articulo/opinion/poder/delirio/elpepiopi/20081214elpepiopi_13/Tes

Na Arousa dijo...

Co permiso de Sito, xa sei que me estou a equivocar por contestarlle a este, pero non aguanto.

Pepito, colega, benvido á defensa do matrimonio dos maricóns. Nunca é tarde para arrepentirse das manifestacións que montástedes e de todas as burradas que dixéstedes e decides. Tampouco é tarde para sair do armario.

http://www.rebelion.org/noticia.php?id=86116

Para que tome nota el Colectivo de Lesbianas, Gays y Transexuales (COLEGAS)
La Corte Suprema de California prohibe, de nuevo, las bodas entre homosexuales

J. M. Álvarez
Rebelión


En mayo del año pasado, La Corte Suprema de California declaró inconstitucionales las leyes que impedían las bodas entre homosexuales. Sin embargo, esa misma Corte ha dado marcha atrás recientemente prohibiéndolas de nuevo, a causa de un referéndum (conocido como Proposición 8), promovido por sectores fascistas, cuyo resultado impide la celebración de matrimonios entre personas del mismo sexo. En resumidas cuentas: en California, territorio nacional de Estados Unidos (EEUU) el país “campeón” de los derechos humanos, se vuelven a vulnerar los derechos de las minorías sexuales.

Al hilo de esta noticia, recuerdo que en enero de 2008 el Colectivo de Lesbianas, Gays y Transexuales (COLEGAS), organizó unas jornadas que trataban sobre la persecución de la homosexualidad en Cuba. Dichas jornadas fueron subvencionadas por la Comunidad de Madrid, que preside la ultra, Esperanza Aguirre, y bendecidas por el partido, de extrema derecha, Partido Popular (PP). No se de qué hablarían, pues el Gobierno cubano firmó en su día, la Declaración de las Naciones Unidas que condena la discriminación hacia personas homosexuales y transexuales, y en la isla se practica la cirugía necesaria para el cambio de sexo. ¿Veremos a COLEGAS con Esperanza Aguirre, el PP y grupos neonazis manifestándose contra EEUU, por violar los derechos de los homosexuales californianos?

La discriminación arbitraria que hubo en Cuba hacia ese colectivo social (y también en los países del antiguo campo socialista), fue consecuencia de años de recelos e incomprensiones heredados de la vieja burguesía; por tanto se necesita más tiempo para que esos prejuicios desaparezcan por completo. Pero eso sólo se conseguirá dentro del marco de una sociedad nueva, que no será la de los países llamados “libres” pues aquella está basada en la barbarie, la ignorancia, el machismo, la superioridad racial y la alienación de masas. Para cambiar la sociedad, además de ser homo o heterosexual, hay que tener conciencia de clase. A ver si se enteran en COLEGAS.

Na Arousa dijo...

Non penses pepito que estás a escribir para imbéciles e escuros. Eses sodes vós, os que defendedes a Rouco cando dí que é peor o aborto que os abusos a menores. En fin, é mellor non seguir.

Anónimo dijo...

Hai na arousa, como te me acaloras, hasta te me trasliteras del galego al castelán y viceversa. Cosas de este estío anticipado.
Bueno hombre, no te me enfades, los fascistas madrileños quitan y ponen jobiernos y de momento, como en la Jaliza, pasa lo que pasa.
Uy, por favor, no me insultes tanto y reflexiona más, o es que Sito no hizo bueno de tí.
PD: En California los coleguis puedes apelar a la Corte Suprema, en la Illa del Caribe lo dubido.

Con lo de que "La discriminación arbitraria que hubo en Cuba hacia ese colectivo social (y también en los países del antiguo campo socialista), fue consecuencia de años de recelos e incomprensiones heredados de la vieja burguesía" miccioné de la hilaridad que me produjo. Hay por dios, estás para el clube de la comedia, fíjate tú.
Oscurito que me eres.

sito vazquez dijo...

Estou habituado a que os meus "artigos" teñan derivas sorprendentes. Mais neste caso, hei de recoñecer que chegan a ser kafkianas.
¿Que terá que ver o traballo que se comenta con Cuba? (onde teño bos amigos, mais non son do réxime, igual que teño amigos cubanos no exilio)
¿Que terá que ver o mentado traballo cos colectivos gays? (Tamén teño bos amigos, mais non son do réxime e probablemente teña tamen algúns exiliados no armario)
Por favor, non sigades por aí, que me van a expulsar por contidos censurables.
Por certo, cultura non é sinónimo de saber escribir palabras esdrúxulas. A cultura escríbese con palabras agudas, Pepito.

Anónimo dijo...

Levaba algún tempo sin vir por aquí e levei unha sorpresa ao atopar o retrato de San Pedro. Máis alá das dotes insecticidas atribuidas gustaríame coñecer o autor que, malia as pesquisas, non atopo por ningún lado. Parece barroco italiano máis non o teño claro. Si o coñeces e tes a ben desvelalo agradeceríacho.

aarousa dijo...

Buenos días, os presento nuestro blog

El objetivo principal de este blog es ir a vivir a la Isla de Arosa.

Buscando Casa en la Isla de Arosa
http://aarousa.blogspot.com

Somos una pequeña familia que buscamos una casa en la Isla para alquilar por un mínimo de 5 años, aunque no descartamos la compra.

Para ayudarnos en la búsqueda hemos creado este blog, agrupando toda la oferta que encontramos en Internet, y así conseguir los contactos necesarios para obtener nuestro fin.

Si tienes alguna oferta estamos en aarousa@gmail.com

Saludos y Gracias

Fido dijo...

Home Sito, non fastidies! Simón Bolívar é o gran creador da falacia Latinoamericana que de honrado ten máis ben pouco. Perseverante, intelixente, capáz,... dende logo, pero nos esquezamos que conseguiu facer crer a todo un continente que os Españois que quedaban eran todos un ladróns, violadores, asasinos... que ó único que foron a América foi a iso. E digo porque por sorte, supoño, teño que traballar con unha cantidade seria de latinoamericanos e sempre me están co mesmo cantar. Eu limítome a preguntarlles o apelido e finalmente sentencio: o meu avó quedou en Galicia, os que foron a violar probablemente ficaran alí e tuveran fillos. Quero dicir con isto que todo canto Bolívar puido meterlle na cabeza a aqueles malpocados foi por puro negocio e vanagloria (de feito cando terminaba con uns empezaba con outros) e todo en nome da "liberdade". A historia de Bolívar, pra min, é a penosa historia de cando nós nos independizamos de nós mesmos. Un abrazo e saúde!

P.S. Creo que non he necesario que diga que con este comentario non comparto a opinión do tal Pepito... pero como a ironía nestes medios apenas de percibe, ahí queda.