martes, 3 de agosto de 2010

PEPIÑO DOPICO.


Cando coñecín a Pepiño o fillo do Contramestre, aínda levaba cueiros. Seus pais vivían nunha casa de aluguer na mesma rúa na que eu resido, "Con do Moucho" daquela, rúa do Charco,  cando entrou na escola primaria xa vivían no bairro histórico da Torre. Digo histórico por a vella torre,que lle dou o nome ó rueiro, mandada edificar por Xelmírez, que por entón xa levaba uns douscentos anos derrubada para levantar as paredes da igrexa nova e tamén de algunhas casas particulares.
 Vin medrar a Pepiño ata convertírse en Pepe e mesmo en Xosé Luis. Era (é) o benxamín de unha gran familia de seis irmáns (Araceli, Emma, Juan, Pedro, Manuel e José Luis) educados por unha nai coraxe, Lola, e por un pai, orondo e bonachón D. Juan o Contramestre. A súa condición humana era máis de cura de aldea que de militar.

Tamén coñecía a súa devoción polas letras e polo pentagrama a que non foi allea a esta última inclinación, súa prima, a cantante e compositora María Manuela e o seu marido Miguel.
Máis tarde constatei as súas notables capacidades para a interpretación e a creación musical. Non me cega o cariño que lle teño se recoñezo os seus logros en este eido:
-Profesor de teoría e método folclórico,
Especialista en musica tradicional.
Fundador do grupo folclórico Leixaprén, co que gravou dous discos (Na festa do boi e Gáistropos)
Primeiro premio da mostra nacional para xóvenes intérpretes.
Forma parte de varios e prestixiosos colectivos  de etnomusicoloxía.
Conferenciante especializado no folclore galego portugués.
Articulista de recoñecido prestixo polas revistas especializadas no ramo da música.
Director de investigacións que deron lugar a recuperación de pezas "en perigo de extinción" (Os Dezas de Moneixas, As cartas sonoras, Son de Rianxo).
E aínda o que lle queda, pois pola idade, está na súa plenitude creativa.
Hai uns días chegou as miñas 
mans un libro, que moi amablemente me ofreceu, "Ayes de mi país".
O libro constituie un minucioso estudio da inestimable aportación que Marcial Valladares fixo á historia da música popular galega.
Desde a miña manifesta ignorancia en este eido artístico, hei de confesar que lin o libro con sumo agrado e que logrei comprender un pouco mellor o mundo da musicoloxía e a trascendencia que a colleita de Valladares ten na actual música popular.
Para un vello profesor é de abondo.
Gracias polo libro e polo orgullo que me fan sentir os teus éxitos.




4 comentarios:

carlos collazo alejandre dijo...

Unhas letras de Pondal falan dos bos e xenerosos e o caro Pepe , amén dos seus exitos profesionais , entra de cheo nesta catejoria .

sito vazquez dijo...

Non era a miña intención falar da súa estatura ética, que sobrepasa con moito os seus éxitos profesionais.
Agradezo a oportunidade que me das de facelo constar,Carlos.

José Luís do Pico Orjais dijo...

Obrigado Sito, pelas tuas formosas palavras que não mereço. Sabes que o carinho é mútuo e se algo estou a fazer bem que saibas que tu, meu velho professor, tens também parte de culpa. Além disso, o meu sucesso pessoal não os valoro pela edição dalgum livro ou dalgum c.d., se tenho êxito na vida será por saber conservar aos bons amigos.
A Carlos um abraço e fazemos por vermo-nos, já tenho ganhas de ouvir uma crónica da Lançada. Abraços.

Eugénio Outeiro dijo...

Creio que sempre fum um pouco estranho enquanto que arousám. Passei demasiado tempo fora, e mesmo estando dentro sempre tivem também a cabeça noutros sítios. Daí que a minha relaçom coa sociedade da ilha seja um pouco estranha, e daí que mal conheça o Pepinho. Há tempo que quero resolver essa situaçom, porque o número de amigos que temos em comum (fora da ilha e dentro) é bastante grande, e todo o mundo me fala maravilhas da sua qualidade humana e intelectual. E vejo, pelo comentário que aqui deixou, que seguramente nom se enganem. Definitivamente, há que arranjar isto. :-)