sábado, 24 de julio de 2010

DE ESTACA DE BARES O DOURO

Cando o poeta cambadés Ramón Cabanillas escribía o inflamado poema "Himno de acción gallega", aquel que comeza  con esta ardente estrofa,
("Irmáns! ¡Irmáns galegos!
¡Desde Ortegal ó Miño
a folla do fouciño
fagamos rebrillar")


esqueceu que hai outros galegos máis alá do río Miño, que están sendo sometidos polo estado Portugués. Galegos tamén son os que habitan entre o Miño e o Douro.


É certo que manteñen a súa fala, ainda que con moitos agravios. Un labrego das montañas do norte, para un alentexano, non fala portugués que fala galego. Tenme acontecido que falando coa xente das vilas miñotas no galego da miña aldea téñenme feita esta observación:
-"Voçe fala á moda antiga"


Hai movementos na Galicia, que tratan de un encomiable achegamento da lingua galega á  portuguesa (orixinariamente a mesma) a través da grafía, que sen dúbida tería un gran impacto no campo editorial, por dispoñer de un mercado de máis de douscentos millóns de falantes.
Nesta luta está a asociación político-filolóxica AGAL, que entre outras moitas razóns máis ou menos cuestionables, mantén esta irrefutable, que colocaría nas librerías galegas miles de libros ós que só temos acceso en castelán.


o Profesor Lage, que daba aulas de físicas na Universidade de Porto, e natural do vale do Lima  (Limia) e tamén un estudoso da historia da comarca, sostén que os miñotos e trasmontanos son galegos. Algo obvio, que xa tiñan constatado os romanos 2.000 anos antes. Mais a presión política e mediatícea de Lisboa, danlle o termo un senso pexorativo que coma un fino orballo vai calando no subconsciente colectivo.
A comunidade europea recoñece que Galicia e o Norte de Portugal son xeográficamente e étnicamente un todo, que definen como euro-rexión.


Máis non só en Madrid poñen pedriñas nos zapatos dos galegos para que non poidamos camiñar xuntos. Se cadra poñen máis en Lisboa con un sistema máis centralista.
Non hai moitos anos abortouse a rexionalización, con un referendo que gañaron os xacobinos centrados no sur do río Douro.
Estes días aprobouse coa complicidade dos dous grandes partidos da política portuguesa unha taxa para aplicar os vehículos que entran nas autovías portuguesas unicamente por a raia  galega, da mesma que  separa ós galegos da Galicia española dos da Galicia portuguesa.


Nunca deberemos esquecer, que Portugal, o mesmo que España, foron imperios.
Digo isto por o despréceo que sempre demostraron os imperios pola cultura dos pobos dominados.


Neste día da Patria Galega, esquezamonos dos intereses de Madrid e de Lisboa, que son semellantes e centrémonos na Galicia  dos galegos, da que vai de Estaca de Bares ó Douro.

6 comentarios:

José Luís do Pico Orjais dijo...

Caro Sito:
Fico um bocado contrariado com este artigo que não sei interpretar de modo. Semelha que falas duma unidade linguística entre galegos, minhotos e trás-os-montes como se com o resto da lusofonia não houver essa união. Certo que as variantes dialectais galegas e do norte de Portugal sou muito mais próximas que com os do Alentejo, mas com eles também compartilhamos língua. Já os clássicos galegos diziam que entre um galego e um português não há mais distância que entre um de Badajoz e um de Bogotá, que certamente são ininteligíveis.
Os Brasileiros legendam os filmes portugueses porque não os percebem.
Também não sei a que vem isso de Agal associação político-linguística. Não sou de Agal nem fui jamais e não se trata de defender a ninguém, mas tu conheces alguma associação que não seja política? Pode haver debate linguístico sem debate político? Pois não. Mesmo a direção Geral da Junta chama-se de política linguística. Bom, desculpa o comentário, mas vejo-te a piques de reconhecer-te lusófono, sem mais. Um abraços.

coiso dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Eugénio Outeiro dijo...

Caro Sito, parabéns siceros polo artigo. Muitas ideias parecem-me realmente muito acertadas, como a evidência de que de Lisboa também nom se ponhem as cousas fáceis para o relacionamento inter-fronteiras.

Há algo, no entanto, que me parece que falha. Eu acredito, como tu, nessa identidade etnico-cultural substancial da Galiza com o Minho e Trás-os-Montes. Mas também vejo essa unidade substancial entre entre Minho e, por exemplo, Douro e entre este e as Beiras, a Estremadura, Alentejo e assim até chegar ao Algarve e daí ao Brasil, Angola, etc...

O problema das identidades culturais neste tipo de contínuos é que nunca sabes onde parar. E assim cheguei eu à lusofonia.

sito vazquez dijo...

Para José Luis:
En principio gracias e parabéns por o libro.
En canto ó artigo que comentas, penso que logrei o que pretendía, mostrar as miñas contradiccións no espello das alleas.
Non me identifico coa lusofonía, da mesma maneira que non se identificaría un castelán coa "andalusofonía", se a lingua de Castela a denominasen andalús.
A Lusitania era unha rexión romana que nada ten a ver co xerme da nosa lingua. Por unha cuestión de apropiación indebida rexeito o termo.
Tes toda a razón no de Agal. Todo é política.

sito vazquez dijo...

Para Uxío:
As linguas evoluen. Por determinadas circunstancias de orde territorial, etnolóxico,relixioso,político, prodúcense alonxamentos interesados de tal maneira que a lingua orixinaria pasa a ser allea para os que en algun momento da súa historia a adoitaron. O latín orixe entre outras moitas da nosa lingua, xa hai máis de oito séculos que non a entenden no Lazio (o seu berce).
Esta ben que falemos de linguas romances, de linguas anglo-saxonas, de linguas hispanas, de linguas "galaico-portuguesas"...
Procuremos unidades máis proximas.

Eugénio Outeiro dijo...

Caro Sito,

a variedade (i.e. a diferença) é a substância da língua, porque como bem indicas, a sua natureza é a mudança. A nossa língua mudou, por isso, às duas margens do Minho, bem como noutros continentes. Também recebeu nomes diferentes, e houvo quem por isso dixo que som cousas substancialmente diversas. Passou no Brasil depois da independência, e está a passar na Galiza, 27 anos depois da chegada da primeira Lei de Normalización Lingüística (única lei que toca tangencialmente o tema).

Mas quem dixo que as cousas nom podem mudar mais (lingua e status)? E quem tem o direito a decidir em que sentido poderá mudar, e para onde nom se poderá ir? Será, por acaso, o fim da história?

Eu creio que nom, porque acredito, precisamente, na política, esse recurso complicado e tantas vezes sujo, que nos permite arranjar os problemas que nós próprios (homens e mulheres) criamos no passado.