miércoles, 18 de agosto de 2010

UNHA CARTA PARA TODOS NÓS

Mellor sin piercing


Cando escribo sobre a situación da nosa fala, fagoo, paradóxicamente en lingua castelán, para que os que non saben nin queren saber ler galego o lean na lingua que comprenden e poidan facer unha refrexión sobre os meus argumentos en defensa da nosa lingua. 
En esta ocasión, por tratarse de un feito que se da na comarca fago o comentario na nosa lingua, pois os que decimos defendela non sempre somos consecuentes.


La Vanguardia, 09/08/2010



"No hablar en gallego"


MANUEL DOBAÑO PELAEZ | El Prat de Llobregat | 09/08/2010 | Actualizada a las 18:09 | Participación

Hasta mi ordenador ha llegado recientemente un correo que ha exacerbado mi espíritu. Se trata de todo un conjunto de serviles normas de cortesía recomendadas a sus empleados por el departamento de recepción de un hotel de A Toxa (Pontevedra), entre las que reproduzco la siguiente perla: "Mantener posturas correctas delante del público, no hablar de temas personales con los compañeros y no hablar en gallego". ¡Manda carallo!
Mi comunicante, que reside en Xinzo de Limia (Ourense), se pregunta si "farían o mesmo en Cataluña ou no País Vasco" (si harían lo mismo en Cataluña o en el País Vasco). Mi respuesta es la siguiente: "Gracias por la información. Ya se de un hotel en el que no me encontrarán jamás. Me parece indignante que, a estas alturas de la película, se produzcan situaciones de este tipo. Efectivamente, en Cataluña (donde resido) sería motivo de denuncia pública. Pero, ¿cuándo entenderán, de una vez, que la única manera de preservar las lenguas minoritarias y, por tanto, en peligro de extinción, es no bajar la guardia y darles una protección especial?. Unha aperta (Un abrazo).

Con actitudes tan lamentables como la de los directivos del hotel en cuestión, me temo que irreversiblemente se cumplirán los vaticinios de la UNESCO, organismo de las Naciones Unidas que pronostica la desaparición, en este siglo, de 2000 lenguas en todo el mundo. Siempre he defendido que la esencia de un pueblo es su idioma, un bien cultural que hay que cuidar con devoción. Confieso que, desde Cataluña, siento una rabia inmensa cuando la TVG (Televisión de Galicia) le hace una pregunta en gallego, a un gallego, y éste responde en castellano, porque, ¡claro!, es más fino…

Esta carta ó director de “La Vanguardia” enviouma o amigo Manel Somoza, residente dende hai corenta anos en Cataluña, casado con unha catalana da burguesía do Penedés, Fátima, e pai de dous fillos Xulia e Martiño, que aprenderon a un tempo a falar na súa casa catalán e galego e na escola e nos medios de comunicación o castellano. Aprenderon as tres linguas de un modo natural, sen queixarse de falta de tempo para aprender outras materias.
Cando se aborrece algo, e hai galegos que senten un profundo desprezo pola súa cultura (consecuencia, nas máis das veces, da súa ignorancia), recorrese a argumentos de “cabo de culler” para xustificar o inxustificable.
Os fillos da xente normal están capacitados para aprender dúas e ata tres linguas a un tempo, se os pais están interesados en ese obxectivo.
Tamén hai pais que están por encima da xente normal é a natureza que é sabia, para manter o equilibrio, deulles fillos incapaces de aprender dúas linguas a un tempo.
As linguas, como todo o que nace en este mundo, ten un fin que é a súa desaparición, a súa morte.
Morreron o exipcio dos Faraóns, o grego de Homero, O arameo de Xesús, o latín dos Emperadores...
Desapareceron pola súa propia expansión (por descomposición, pois non existía unha academia da lingua que velase pola unidade) ou pola expansión allea (por imposición dunha lingua dominante).
Esas foron ata o presente as dúas mortes naturais das linguas.
Na Galicia estase a experimentar unha novidosa formula, que eu denominaría eutanasia, pois parte do seu tecido social sostén -para o seus adentros- que o galego non ten cura e que o mellor que podemos facer para evitar o sufrimento propio e dos seus asistentes é engadala e ingresala na unidade de tratamentos paliativos para que morra drogada e feliz.
Son moitos e moi variados os anestesistas que lle administran a morfina a nosa lingua:
Os que con un eufemismo interesado piden un bilingüismo que acurte a vida do doente.
Os nosos gobernantes, que falan galego para gañar votos e chíscanlle o ollo, cómplices, os bilingüistas.
Todos aqueles que decatándose de este engano pagan co seu voto a droga mortífera.
E todos aqueles que cando nos diriximos a un servidor público ou privado mudamos do galego o castelán a teor da lingua que empregue o funcionario.
Unha lingua so se defende falándoa.
O galego é a nosa fala natural.
Pois falemos galego naturalmente, carallo!

2 comentarios:

Eugénio Outeiro dijo...

O caso do Hotel Louxo (que tal é o nome do hotel) é velho. É de 2007, para sermos exactos, e parece ser que em seu dia, perante a denúncia pública, decidiram mudar as normas internas (http://agal-gz.org/modules.php?name=News&file=article&sid=3422). Parece, digo, porque realmente nom sei que aconteceu lá.

O curioso disto tudo é que tenho a impressom que a Galiza será daqui a menos de um século um país monolíngue em castelhano (será com certeza se nom formos capazes de oferecer à populaçom espaços comunicativos onde nom se poda chegar em castelhano), terá deixado algum fruto: o de ser um exemplo ao contrário para catalães, bascos e todos esse povos que querem conservar a sua identidade linguística.

sito vazquez dijo...

Non lle tiro nin lle dou importancia a data nin o feito de que mudaran as normas,aproveitei a ocasión para deixar constancia dos complexos que arrastramos de un pasado capador.