


No mes de maio os potes de barro florecían na solaina da casa dos meus bisavós.
Eran xeranios vermellos, que se esparramaban ata pousarse na varanda de madeira de tea.
A miña bisavoa sentada nunha vella cadeira de asas colocada de maneira axeitada para que lle batese o sol nas pernas e a sombra na cabeza, despois da cabezadiña da sobremesa, contábame contos de santos e de bandidos.
En varias ocasións contoume o conto de San Perico:
San Perico era un apóstolo. Máis non só…Era o elixido por Xesús para ser a cabeza da igrexa. Malia a cabeza de san Perico non tiña cabelo. Deus para compensar deulle unha fermosa barba - xustificaba miña bisavoa - e as moscas tampouco respectaban tan transcendental testa.
Cando un día unha ousada mosca aterrou na lustrosa coroa e lle enterrou o ferrón, san Perico, que era de pronto súpeto, votou man dos seus superpoderes e matounas todas.
Anque nunca gustei das moscas, a aquel meniño que escoitaba embebido aquelas historias parecíalle inxusto, que san Pedro, por unha mosca matase todas.
Un ousado e valente anónimo, que se agacha debaixo do seudónimo de Pepito, e que dí ter sido meu alumno, neste mesmo blog insúltame e descualifícame como docente e como persoa. É o seu parecer e non pretendo emendalo. ( Non vou retiralo, quen queira lelo está nos comentarios ós resultados das eleccións do 1 M, baixo o pseudónimo de Pepito).
O que non comprendo ós meus anos, como non comprendía de neno no conto, é que lle fixeron os outros catro Mestres que nomea literalmente (cinco si contamos outro que cita noutro blog) . E todos os demais Mestres que pasaron polas aulas da Illa de Arousa, os que cualifica, sen excepción, de "tropa bolivariana".
Desde a miña maneira de ver, sempre subxectiva, mais honrada, quero manifestar o meu orgullo por formar parte de un colectivo de docentes tan competentes, preocupados e capacitados, coma os que se nomean e ós que pretendidamente se insulta. Digo pretendidamente, pois ata para insultar é preciso saber. Ser Bolivariano non é o mesmo que ser chavista. Bolivar foio o gran líder da independencia de Sudamérica. Bolivariano é un seguidor das ideas de Simón Bolívar, que era un criollo, e nada teñen que ver coa doutrina de Hugo Chavez.
Para xustificar os cualificativos que lle dedico os meus compañeiros de aulas (o pé de un cento), hei de recoñecer que non todos eran excelentes; pero si, a maioría. Non hai máis que comparar os resultados académicos e as actividades escolares para, ver que non desmerecen os de outros centros públicos ou privados.
Varios alumnos foron distinguidos con importantes premios tanto a nivel provincial, como autonómico e incluso un a nivel comunitario.
Algúns profesores foron recoñecidos con galardóns, tanto individuais como colectivos (Segundo Premio “Rodríguez de la Fuente”, por un traballo sobre as orixes, formación, flora e fauna de Carreirón).
Juan Otero Maeztú, máis coñecido por Juanito de Luísa ou Juanito o do Nicho, foi o bardo por excelencia durante o século pasado na Arousa. Dotado de unha notable intelixencia crítica, de unha fina ironía, e de unha capacidade extraordinaria para versificar deixounos un puñado de coplas que nos mostran as grandezas e miserias da época e tamén o pouco que mudaron estas en tantos anos.
Nun libro de coplas de tradición oral recollidas, mecanografadas e ata decoradas con orlas por os alumnos de octavo nivel de Primaria do Colexio Público no curso 1980-81, aparecen varias atribuídas a Juanito de Luísa. Entre todas escollo esta que segue para ofrecerlla a todos os Pepitos presentes, pasados e futuros:
San Julián Bendito,
que tan alto estás,
que “haiga”más Maestros
no consientas ya.
Aquí en este pueblo
sobra la instrucción,
“para pescar chopos
chéganos Ramón.”
En el Cabodeiro
el muelle da compasión
tiene Cada brecha
para tragarse un bocoy
Y los adoquines
por obra de Dios,
no hay “dorna polbeira”
que no tenga dos.
Na Illa de Arousa existía no lugar do Cabodeiro un extenso piñeiral que se coñecía coma o "Pinal do Furado". Era un bosque denso e fermoso que coas súas raíces abrazaba as areas dunha duna
que acaba nunha lindísima praia.
No ano 1984 un coñecido arquitecto aro
usán residente na capital das Españas e moi ligado ó partido popular intentou construir un chalet ilegal en ese entorno protexido.
Os veciños da Illa indignados, nunha noite de longos coitelos, derrubaron parte dos muros xa levantados.
A vacina surtiu efecto, pois a partir de entonces ninguén se atreviu a colocar un "ladrillo" no Furado.
Mais por raro que pareza esa acción popular sentoulle mal
os piñeiros, que comenzaron a languidecer de unha doencia estrana. Pouco a pouco foronlle caíndo as follas, logo a caropa (así é como lle
chaman a cortiza dos piños na Arousa), ata que acabaron nús. É certo que o esquisito mal non acabou con todos. Un de cada catro,mais ou menos, pudo salvarse da queima.
Foi unha queima selectiva e sen lume que o exteriorizase. A
xente comentaba que lle dera un mal, mais era un mal que non se propagaba os piñeiros de acarón.
Alguén comentou que nunha noite de outono unha camioneta chegou cargada de bidóns e dous señores afanáronse en regar a pé todas as árbores.
Os poucos piñeiros que ficaron estaban tristes e murchos, apenados pola desgracia dos seus veciños.
E así seguiron ata agora.
Capítulo II.
“PATRÓN MANDAR MARIÑEIRO OBEDECER"
Tristes e murchos seguiron os piñeiros do Furado, alleos a toda a polémica política que se desenvolvía no salón de plenos do Concello e nos bares e tabernas da Illa de Arousa.
Tristes murchos e minguantes pasaron do século XX ó XXI chorando a perda dos seus próximos, mais sen festexar o natal de algún piñeiriño que os perpetuase na face da duna.
Certamente os coitadiños nin sabían o que era o Plan Xeral de Ordenación Urbana, nin tampouco o futuro que este lles deparaba.
O Plan Xeral de Ordenación Urbana fíxose moi popular, tanto que a xente referíase a el coma o PXOU anque soaba como “pechou”.
Pronto os políticos cheiraron que con esa rede podían pescar moitos votos e comezaron a enlear o palangre. So os redactores do PXOU pensaron nos intereses xerais da Arousa, os concelleiros dos partidos da oposición dedicáronse a ir porta por porta argumentando agravios comparativos do tipo “Fulano pode edificar porque é dos deles e ti non” . O Goberno
do Concello(
PSOE)
que non dispuña de maioría, tamén andou capeando o temporal como podía e o Plan non facía outra cousa que entrar e saír do Concello: plenos, exposicións públicas, alegacións, mobilizacións, ...E así entrando e saíndo pasou máis de catro anos sen posibilidades de saír adiante.
En todo este tempo ninguén se lembrou dos tristes e murchos piñeiros do furado, pois polo visto tamén os privaran do dereito de voto, e todos defendían intereses particulares. Non se fixo unha soa proposta en beneficio do pobo que supuxera o prexuízo dun particular.
En estas estabamos cando o Conselleiro de Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia (PP) no ano 2.002 (o daquela aínda todopoderoso Sr. Cuíña) cansado de tantas liortas mandou chamar a todos os concelleiros da Illa de Arousa (PSOE,PP e BNG). Unha vez no seu despacho puxos firmes e espetoulles sinalando o documento: “Este é o Plan Xeral da Illa de Arousa que tedes que aprobar. Non teño máis que dicir”.
Patrón mandar, mariñeiro obedecer.
E así acabou a discusión.
Capítulo III
"MAIS MADEIRA"
Cando xa os vagóns do conboio se foran queimando o maquinista do tren verraba: Máis madeira!
Diante destas eleccións do primeiro de marzo aínda hai quen anda espreméndolle o zume os piñeiros co fin de rañar uns votos (ou moitos votos). As páxinas da internet están cheias de mentiras referidas o caso que se lle dou en chamar "Villapsoe".
Dos centos de blogs que transitan pola rede so este de J.L.Prieto está documentado e cíñese a realidade. Todos os demáis son pura intoxicación partidista. Espero (anque tamén dubido) que os galegos saibamos separar o gran da palla.
Hoy hay novedades sobre la información publiqué ayer demostrando la falsedad de las supuestas informaciones publicadas por medios ultraderechistas para ayudar electoralmente a su brazo político: ‘El País’, en su edición de Galicia, publica que se ha archivado la denuncia presentada por supuesto delito urbanístico.
Como no podía ser de otra manera, ya que dificilmente se puede cumplir un delito urbanístico cuando no se ha violado la legislación urbanística, ya que estamos hablando de una construcción que se hizo cumpliendo del Plan municipal de Ordenación urbanística, vigente desde 2002,
El desarrollo del Plan de Ordenación en el Área donde posteriormente se levantó esa construcción se hizo en 2004,
Ni el Plan Especial de Reforma Interior, ni el proyecto de urbanización ni la licencia de obras recibieron ninguna impugnación,
aprobándose sin estimarse ningún Recurso en contra por parte de ningún Juzgado