miércoles, 8 de abril de 2009

OS RESULTADOS DAS ELECCIONS AUTONÓMICAS-09 PROXECTADAS A NIVEL LOCAL


Vendo o gráfico dos resultados das eleccións autonómicas do primeiro de marzo na comarca de Arousa observamos que nos concellos gobernados por forzas progresistas, estas perderon forza, mais non de xeito que poña en perigo o seu futuro.
Así podemos ver que extrapolando os resultados  seguirían no poder das forzas coaligadas os concellos que figuran en vermello no gráfico: Illa de Arousa, Caldas , Catoira, O Grobe e Vilagarcía.
Por outra banda seguirían en mans conservadoras os outros seis Concellos: Cambados, Meis, Ribadumia,Meaño, Sanxenxo e Vilanova.
Mais, se estes resultados se comparan coas derradeiras consultas electorais comprobamos que as forzas progresistas están a perder votos en todos os concellos, mentras que o PP está a  rañalos nos concellos gobernados por os socialistas en solitario ou en coalición cos nacionalistas e ten un aumento considerable nos concellos en que gobernan.
Esto lévanos a facer algunhas preguntas:
Xestionan mellor a cousa pública os conservadores?
Evidentemente, non é así.
Están máis o carón dos problemas do día a día?
En determinadas situacións de marcada sensibilidade populista, sí.
Saben vender mellor a súa xestión?
Contestarei coa resposta do panadeiro de Ribadavia, que cando lle preguntaban cal era o mellor panadeiro do lugar contestaba: "O que vende mellor o pan resésego que o pan do día"

12 comentarios:

Na Arousa dijo...

.

Na Arousa dijo...

Recórdoche as suxerencias que fixen nos outros posts. Sin un rexistro visible de últimos comentarios vai ser difícil o debate. Seguro que o Dani pode axudarche a cambiar o blog.
Ben, xa referido ó artigo, máis alá de ser a Arousa o único Concello de Pontevedra onde a forza máis votada é o psoé, se non me equivoco, tanto bng como psoé baixan en votos e o pp sube, seguindo unha tendencia como apuntas similar á de todo o Salnés, por non decir de toda Galiza. Pero ben, as realidades particulares son distintas. Á marxe doutras consideracións, que si queres e vas escribindo delas xa falaremos, o trato da Xunta ó Concello da Arousa non admite comparación con calquer período pasado. Ponte, estrada de acceso, peirao, centro de interpretación da conserva, peirao de pau, multiusos, galescola, pavimentación de rúas e beirarrúas, paseo do Bao, prolongación ata Carreirón, Area da Secada, proxecto do novo centro de saúde, etc, etc. A pesar de todo esto, e da crisis, do mal momento do mexillón e do marisqueo, cómo se explican estos resultados? Cómo pode o pp obter o respaldo de 1193 veciños?. Sin entrar noutras consideracións, xa que aquí sería moi longo, penso que tanto bng como psoé teñen que facer autocrítica. Canto tempo leva o Concello sin dar unha asamblea para informar dalgún tema. É lamentable que teña que sair a agrupación local do psoé defendendo ó Concello, cando éste é unha institución que representa a todo o pobo, non a un partido, e polo tanto ten membros, órganos e capacidade para defender as súas actuacións. Os últimos boletíns do psoé eran incendiarios, ademáis de estar cheos de mentiras. O descreto da política vai sempre en contra da esquerda, deso tamén hai que aprender. Hai que facer moita pedagoxía e informar moito. Ó psoé, coas súas propias redes, ata o de agora ben lle foi, levan toda a vida a gobernar. Mais penso que está esgotando un patrimonio deixado polo traballo de moita xente que empeñou o seu esforzo por outros valores que hoxe costa moito traballo atopar na xestión do Concello. Non me extendo máis. A ver si hai máis opinións.

sito vazquez dijo...

Hola Na Arousa:
Levo uns meses líado é sen tempo nin para ler os comentarios. Agradezo os teus, que na súa maioría fago meus. Concordo coas túas matizacións e acredito que os representantes do Psoe no Concello tamén fixeron a súa autocrítica diante dos seus. Agradeceríache que me explicases como proceder para conseguir un rexistro visible. Podes enviarme a solución o meu correo.

patinha dijo...

A ver si funciona esto.

Pestaña settings,
pestaña comment

seleccionamos anyone

vamos ó final da páxina e pulsamos save settings

Con esto conseguimos que poida opinar todo o mundo.

Segundo cambio, para crear a lista de últimos comentarios:

Dentro da pestña settings pulsamos a pestaña site feed

Rellenamos en post feed redirect url o seguinte todo seguido:

http://arousadebate.blogspot.com/feeds/comments/default

e tamén rellenamos no apartado post feed footer:
Últimos comentarios

baixamos ó final da páxina e pulsamos save settings

Agardo que funcione. Saúde

Na Arousa dijo...

Por certo, esquecíaseme

25 DE ABRIL SEMPRE

Na Arousa dijo...

Por certo, si tes o blog en castelán, settings é configuración. commente é comentarios, aquí no apartado persoa que pode realizar comentarios premes cualquiera, e no final da páxina premes guardar configuración.
Para a lista de comentarios vamos á pesaña feed del sitio e no apartado publicar URL redireccionada del feed é onde tes que poñer:

http://arousadebate.blogspot.com/feeds/comments/default

Todo seguido, nunha soa liña.

A continuación no apartado pie de página del feed de entradas escribes o título, por exemplo últimos comentarios. Xa para rematar no final premes guardar configuracion.

A ver si funciona.

Anónimo dijo...

Sito, sitiño..., pobre mestre de xubilación anticipada, ¿e que xa non te facían caso os alumnos?, ¿xa non atendían a aquelas leccións na aula sobre as correntes internas do PSOE?. Fun alumno teu e a verdade que pouco aprendín e menos me ensiñaches pero, máis aló diso, so quero aproveitar para recordarche a ti e a outros progres trasnoitados que os vosos días esgótanse (no ideolóxico..., aínda que no vital tamén, desafortunadamente para tí).
Espero que a túa nova faceta de empresario (quien te ha visto y quien te ve)sexa tamén longa e que a crise (internacional, por suposto)te afecte pouco. Por certo, ¿aos empregados seguides a tratalos como negreros ti e a túa muller?, ¿xa reconvertíchedes aos contratados temporais en indefinidos?.

Saude camarada

Na Arousa dijo...

Pepito, aprender o que se di aprender paréceme que non aprendeches nada, sobre todo porque non tes educación. Mira que eu son crítitco, pero a mala educación e o mal gusto sobran. Canta xenreira! Ten coidado que nubla a vista.

Anónimo dijo...

Pero, ¿qué educación se pode ter con mestres como Sito, Manolo Dios, doña lola, servando e toda a tropa bolivariana que pasou polo grupo?.

PD: A Illa non é terra de literatos

sito vazquez dijo...

Gracias "Patinha", gracias "Na Arousa" polas vosas axudas espero seguindo os vosos consellos conseguir un rexistro visible. Gracias de novo Na Arousa por a defensa que fas das formas en este blog no que só se fan análises, acertados ou non, sen insultar a ninguén.
A educación empeza pola casa. Quen non ten respecto nin polos maiores
¿que lle vas a pedir?. Boa pena que me da.

patinha dijo...

Agardo impaciente que introduzcas os cambios para ver si funcionan, xa que non son ningún experto.

Estiven por aí mirando e penso que tamén pode ser interesante como borrar un comentario. Ben, sería do seguinte xeito:

1.Accedes ó teu blog
2. Premes "Ver blog", normalmente está á dereita, despois da data.
3. Do artigo ou post que queiras borrar un comentario, premes sobre comments ou comentarios.
4. Veras unha lata de lixo ó final do comentario que queres borrar. Ben, pois premes sobre a mesma.
5. Preguntarache se o queres eliminar para sempre. Marcas a casiña e premes suprimir comentario.
6. Premes en volver ó post ou artículo e comprobas que o borraches.

A ver si funciona. Estou impaciente.

Na Arousa dijo...

A ver si pos a lista de últimos comentarios. Funciona. Creei un blog só para probalo e despois dalgunha volta funcionou. Acórdate de permitir comentarios anónimos. Quería facer algún comentario sobre o libro de manel somoza, que merquei despois de ler o teu post. Seguro que si escribo no post orixinal nono ves. Así que xa sabes, mans á obra.