martes, 18 de agosto de 2009

OS MERLOS BRANCOS

O Porto do Chufre, é o de maior volume de descarga de mexillon da ría de Arousa. É un porto do que se serven a inmensa maioría dos bateeiros de esta ría. Contar con unhas boas instalacións e un bo acceso non só beneficia a Arousa, beneficia a todo o importante sector mexilloeiro.
O acceso ó porto producese por estradas que non soportan o peso e o volume dos "trailers" que hoxe se usan para o transporte deste marisco proletario.
Durante 12 anos o proxecto ficou paralizado por intereses partidistas, que o fin non lle renderon os beneficios que esperaban obter.
O pasado día 8 de Agosto publiquei en Arousa día a día http://sito-vazquez.blogspot.com/un escrito, que transcribo, por o seu interés para a comarca.

MALDITOS CORVOS NEGROS.

Era un ano de moitas cereixas. O señor Manuel das Quintas tiña unha cerdeira tan cargada que ata lle esgazaron as polas.
O Sr. Manuel era amigo dos merlos, e mesmo se comunicaba con eles. Desde rapaz sostiña que os melros entendíano e falaba con eles. Tamén sostiña que os melros non eran negros, que eran brancos.
Negros só os vían os que os odiaban.
Para que os melros repectaran as cereixas comprou un lenzo branco no que escribiu: “Cereixas propiedade de Manuel das Quintas, o amigo dos merlos”. Fixo un mástil con unha vara de eucalipto e colocou o lenzo coma se fose unha bandeira branca que flameaba por encima da fruteira.
Malia os merlos non eran brancos e ademais non sabían ler. E mentras el perdía o tempo e o creto tirándolle pedras as pombas que pasaban por alí chamándolles corvos negros, os merlos aproveitábano levando no bico as cereixas.
Inesperada mente, entrou unha bandada de merlos na eira do Manuel e deixou a cerdeira núa.
Diante do
evidente o Manoel levou as mans a cabeza e verrou con raiba:
-¡Malditos corvos negros!


UNHA DUCIA DE ANOS PERDIDOS.
No ano 1997(cito de memoria) a Consellería de Ordenación do Territorio aprobou a construcción
da tan necesaria estrada que uniría a ponte co porto da Illa de Arousa. O proxecto redactado intentaba afectar ó menor número de propietarios. Para logralo invadía espacios protexidos pola Lei de Costas. Unha parte dos veciños afectados, animados por os dirixentes locais do
Partido Popular, recurriron o proxecto argumentando que conculcaba a Lei de Costas. Estes veciños non pretendían protexer a costa, pretendían defender os seus intereses. A xustiza, como non podía ser de outra maneira, fallou a favor dos afectados. A Consellería de Ordenación houbo de redactar un novo proxecto. No ano 2005 hai un cambio de goberno na Xunta de Galicia. A Consellería é conminada por a xustiza a redactar un novo proxecto. O novo proxecto redactado intentaba o mesmo que o anterior: facer o menor dano ós paticulares. O non poder transcorrir por dominios públicos houbo de afectar necesariamente a máis privados. A algúns dos propietarios anteriores , o novo proxecto afectabaos en maior medida . O Partido Popular, agora na oposición, fixo, bandeira da defensa dos afectados. Todo tipo de enganos, mentiras, descalificacións personais se fixeron co fin de rentabilizar políticamente unha situación que eles mesmo provocaron animando ós afectados a presentar o recurso. Cando se quere comenzar a obra , cumplidos todos os trámites legais, varios de estes veciños recurren a violencia
para evitar a construcción. No ano 2009 o PP retoma o goberno da Xunta e os veciños que antes se opoñían, agora otorgan e culpan á anterior administración que foi a que redactou o proxecto.
-¡Malditos corvos negros!


O Manuel das Quintas confundía as pombas brancas cos corvos negros.Tiña un problema de percepción óptica que se coñece co
nome de daltonismo. O daltonismo fisiolóxico é unha doenza natural conxénita. Mália o daltonismo ideolóxico é un mal adquirido, que non ten remedio.


John Dalton, descubridor da doenza que leva o seu nome




Os irmáns Dalton, heroes de un comic, famosos por se meteren en líos provocados por eles mesmos e por disparar contra todo
canto se movía no seu entorno. E dicir eran os incendiarios e os bombeiros. Estes representan ó outro tipo de daltonismo.

2 comentarios:

Na Arousa dijo...

Xa non é o tempo das cereixas. Témome que teremos que esperar ó ano que ven. Tempo de cereixas é un disco ben fermoso de Víctor Manuel e Ana Belén. Hoxe tamén fai referencia ás cereixas o Camilo en Vieiros, aí vai o enlace:

http://www.vieiros.com/columnas/opinion/958/estar-na-cereixeira

Habería que se preguntar se mellorou o trazado ou non. Finalmente eu penso que si, mais non acabo de entender o discurrir da estrada pola Braña da Veiga. Ou por riba ou por baixo, pero polo medio non. O pp e algúns veciños cairon na súa propia trampa, quixeron cometer unha fraude de lei e déronlle a escusa que necesitaba a administración para facer cumprir a legalidade. Existían e existiron outras alternativas, entre elas non construir a estrada, ou o traxecto que subía do lagartiño e pasaba polo outeiro e por riba do colexio. En fin, agora é tempo de mirar para adiante e que lle paguen o que é xusto ós veciños. Aí o pp si que podería axudar, pero claro, eles pensan que eso non é rentable e que ademáis vainos deixar quedar mal diante dos seus xefes.

sito vazquez dijo...

Anque non é tempo de cereixa, ainda hai quen acredita nos "paxariños preñados" ou nos merlos brancos.
E como remata Camilo Nogueira no seu artigo non se pode vivir permanentemente na cereixeira.

Non vai poe tí.

Saúde.