Hai arredor de medio ano, caeu nas miñas mans un borrador da Lei de Ordenación do Litoral (POL), que propoñía o Goberno da Xunta.
Era un documento, no meu parecer, máis restritivo que o que pretendía o goberno anterior. Supuxen que ese documento non era viable polas moitas críticas internas que recibiría por parte dos alcaldes do Partido Popular, que tanto e tan ben souberon vender as restricións do plan da ex-conselleira Caride.
Vendo (con sorpresa) que non había contestación, decidín estudar con máis vagar o documento é encontrei a clave de que os alcaldes do PP se enrolaran na procesión dos caladiños:
Unha disposición, creo que a cuarta,(estou escribindo de memoria) di que a Consellería de Ordenación do Territorio, resérvase a potestade de facer actuacións ou modificacións puntuais unha vez aprobada a Lei. Falando en prosa popular o conselleiro estalle dicindo ós alcaldes do seu partido que non se preocupen, que van poder permitir construír onde queiran pois chegado o caso eles teñen a "sartén polo mango".
As nosas costas son a maior riqueza de Galicia. O que se faga con elas ou en elas actualmente ou no futuro inmediato repercutirá en gran medida no futuro económico de Galicia.
Mostrando entradas con la etiqueta URBANISMO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta URBANISMO. Mostrar todas las entradas
miércoles, 2 de noviembre de 2011
jueves, 31 de enero de 2008
Álvaro Siza Vieira e o polideportivo do Vao
No outono o arquitecto Manel Somoza ofreceume un libro da súa autoría titulado:" Álvaro Siza, conversas no obradoiro", nestas conversas recolle multíples reflexións sobre a arquitectura (funcionalidade, estética, repercusión social, e
outras moitas e moi interesantes disquisicións).
outras moitas e moi interesantes disquisicións). Álvaro Siza é un arquitecto Portugués nacido en Matosiños , que como profesional está considerado coma o poeta da arquitectura.
Acadou os máis altos galardóns da arquitectura universal:
Premio de Arquitectura contemporánea Mies van der Rohe (1988)
Premio Pritzker (1992)
Premio da Fundación Wolf das Artes (2001)
Estes son os mais importantes premios da Arquitectura actual.
As súas obras máis representativas convertíronse en santuarios ós que peregrinan novos arquitectos e xente interesada pola arquitectura.
A obra de Siza exténdese por todo o mundo, anque as súas intervencións máis sonadas ubícanse en Europa (Berlín, Oporto, Barcelona,Santiago de Compostela, Alicante, A Faia-Holanda-, Venecia, Madrid, Lisboa...).
Tamén é profesor visitante de varias universidades entre as que se encontran as de Lausana, Pensilvania, Bogotá, Harvard.
Estamos, pois diante de un dos arquitectos de maior recoñecemento a nivel mundial.
Na solapa da portada do mentado libro do meu paisano e inusitadamente amigo, Manel Somoza, leva un inconfundible diseño do arquitecto portugués, no que ó pé se lé "Debuxo de Alvaro Siza para o complexo espotivo da Illa de Arousa, Pontevedra, 1988".Cando Siza, sendo o arquitecto mellor valorado polos arquitectos contemporáneos ainda non recibira nengún dos premios máis importantes que logo recibiría, o Concello de Vilanova de Arousa fíxolle o encargo de realizar unha intervención na área do Vao.
Era unha intervención delicada, tratándose de un espacio tan sensible, e o mesmo tempo (acabábase de inugurar a ponte) era a porta da Arousa.
Esta foi a razón pola que o alcalde, despois de asesorarse entrou en contacto e finalmente convenceu ó arquitecto de Matosiños para que realizase un proxecto de un polideportivo no Vao
Anque estaba pragado de traballo non se resistiu a facer algo en aquel entorno delicado, pois significaba un reto para a súa idea de integración da arquitectura na paisaxe, sumando e nunca restando.

Alvaro Siza nunha batea de mexilóns, na Illa de Arousa
Encontrándome hai uns anos en Toquio, ollando os debuxos dunha revista (era o que podía facer, pois non sei xaponés) que lía un xaponés sentado nunha cadeira do tren "Bala" , deume un golpe o corazón cando a toda páxina vexo uns diseños que me son familiares. Fixo a miña atención e leo debaixo deles en signos latinos a palabra Illa de Arousa perdida entre centos de caracteres chineses. Non puden conterme e saieume sen querer aunha exclamación:
Eran os mesmos deseños que aparecen na solapa do libro.
Centro Galego de Arte Contemporáneo
Quen coñeza a Illa de Arousa sabe que esa obra non se realizóu e probablemente non se vai realizar nunca, perdendo para sempre a oportunidade de contar con complexo asinado por un dos máis importantes Arquitectos do século.
Maqueta polideportivo Vao (ILLA DE AROUSA)
Como curiosidade quero dicir que este proxecto foi o primeiro que realizou Siza en España, anterior o Centro Galego de Arte Contemporáneo, e a Villa Olímpica de Barcelona.
Alvaro Siza co Autor do libro, Manel Somoza, e co Alcalde de Vilanova de Arousa no ano 1988
miércoles, 12 de diciembre de 2007
O URBANISMO NA ILLA DE AROUSA
Anuncio dunha constructoora baixado da internet.No mes de Maio varios veciños encerráronse na Casa do Concello reivindicando a condonación dunhas sancións impostas pola Administración por construir nunha marxa afectada por a Ley de Protección de Costas.
Estábamos en plena campaña electoral de cara ás eleccións municipais.
Estes señores sabían perfectamente que calquera resolución que se tomase o respeito era allea a Administración Local e incluso ó actual Goberno da Xunta de Galicia.¨
Tratábase simplemente dunha manobra política que sen nengún tipo de escrúpulos manipulaba os problemas de unha xente que por ignorancia, consellos interesados ou simplemente por pura prepotencia, manexaba a uns veciños en beneficio dun determinado partido político, que para máis "inri ", en aquel intre nada tiña que ofrecer , nen a nivel legal , nen caciquil (que é o que mellor saben facer cando teñen o poder).
Resumindo: para esta xente toda a Illa de Arousa debería ser edificable e convertirse nunha Manhatan da ría.
Esta semana caiu nas miñas mans un panfleto anónimo con unha suxerente portada de unha illa absorvida por un mono de traballador da construcción e co unico título dun correo electrónico (opinailla@gmail).
Habitualmente non me paro a ler anónimos, pois para mín teñen o mesmo valor que os "disques", é dicir fume que denota que a leña que arde está verde ou colleuna a chuvia fóra. E xa non falo da cobardía que significa facer afirmacións ou descalificacións sen responsabilizarse de asumir a autoría. Quero pensar que o anonimato foi por simple timidez.
O panfleto en custión mixturaba o fume dos incendios do verán do 2006 que empozoñaban o ceo cos verquidos do "prestige" que contaminaron o mar e co cemento que constriñe a Illa de Arousa, dando unha visión apocalíptica e extremadamente demagóxica da realidade urbanística actual.
Resumindo: para Opinailla, a Arousa, é un bloque de cemento inabitabel que deixa os seus moradores sen traballo.
A todos nos gostaría poder morar nunha illa paradisíaca sen alleos que nos molesten e o mesmo tempo poder gozar de tódolos adiantos que a tecnoloxía actual nos ofrece. Mais ó día de hoxe esta posibilidade e irrealizabel por moitas razóns que teñen que ver coa solidaridade, coas leis, co crecemento da poboación e con un longo etc.
Entre as duas posturas extremas que se expoñen ten que haber unha terceira que aposte por un crecemento sostible da Illa de Arousa.
Nesta é na que nos temos que por de acordo.
Desde aquí convídote a participar neste debate, agradecendo por adiantado a túa apreciada colaboración.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)