martes, 22 de abril de 2008

PRANTAS INVASORAS




Pola Semana Santa fun dar un paseo por as praias do poente da Illa de Arousa e encontrei as praias invadidas por unha caste de pranta moi vivaz que chega a ocupar territorios onde se daban só silveiras.


(A silveira é probablemente a caste mais estoica e invasora das nosas autóctonas.)


A pranta que as botaba para fora do seu medio era unha pranta carnosa, de orixe sudafricano adaptada os climas suptropical e mediterráneo, chamada carpobrotus acinaciforme, máis coñecida como "dente de dragón"


Aproveitando o paseo tireille unhas fotografías e propúxenme profundizar neste blog sobre as plantas invasoras no noso entorno, pois dun xeito ou de outro hai moitas castes forasteriras, que hoxe teñen carta de identidade tales como o piñeiro, a camelia, o magnolio, o eucaliptus, a mimosa e a súa parenta a acacia autraliana, etc. e numerosas árbores frutais e incluo pequenas herbas como as espinacas e as caléndulas das praias, que se extenden por medios salinos e areosos.



No moi documentado blog na Illa (illadearousa.blogspot.com) aparece un traballo e unhas imaxes da penetración desta especie nas praias de Camaxe e Con Serrado e un comentario moi axeitado sobre o perigo que representa.


A finalidade deste blog non é dar receitas (anque algunhas danse, mais como opinións personais). A finalidade é facer unha refrexión sobre feitos que, anque poidan parecer cativos, son susceptibeis de presentar unha repercusión cara ó futuro: positiva ou negativa dependendo de como se xestionen.


Hai sobre uns trinta e tantos anos que o carpobrotus comenzou a establecer as primeiras colonias. Foi pola zona de A Lanzada e San Vicente do Mar tardando aínda uns anos en afincarse na Illa de Arousa, concretamente na zona de Carreirón.


Por tratarse de unha zona húmida protexida considerei que tanto a Xunta de Montes como a Asociación Ecoloxista Gaia, deberían estar informados sobre o perigo que representaba a invasora para as especies autóctonas. De feito hai uns anos que se fixo unha limpeza en Carreirón deixando o parque practicamente descolonizado (anque penso que lamentablemente será por pouco tempo).


As prantas procedentes de Australia, posiblemente debido as precarias condicións nas que crecen, desenvolven unha gran capacidade invasora en medios menos hostís: acacia australiana, mimosa, eucaliptus, máis salvando o caso do eucaliptus, que foi masivamente prantado nos nosos montes, as outras castes non deixan de ser máis que sincelas referencias exóticas na nosa paisaxe.


A miña intuición dime que as prantas máis dotadas para sobrevivir en un medio son as autóctonas, pois son a resposta vexetal as variantes que condicionan o clima e o territorio. Cando unha pranta autóctona se ve ameazada de desaparecer é que algunha de esas variantes ten mudado.


Todos os días estamos a falar (e a sofrer) das mudanzas climáticas. Partindo desta certeza temos que asumir que algunha prantas que nos son moi queridas desaparecerán do noso entorno. Provablemente moitas emigrarán na procura de condicións semellantes ás que tiñan.


Partindo desta mesma certeza tamén debemos entender que outras castes ocuparán o vacío ou contribuirán a desprazar as existentes.

Hai que esperar ata ver o que repesenta verdadeiramente unha ameaza
Non se lle poden por portas ó mar. Mais podemos aproveitar o devalar.



3 comentarios:

Juan dijo...

Paréceme moi interesante chamar a atención sobre os riscos que ten para a biodiversidade dos importantes ecosistemas dunares a presencia das especies invasoras.
Lamentablemente, o carpobrotus non é a única invasora das dunas da Illa de Arousa. Tamén temos unha importante poboación dunha flor de orixe sudafricana, a Arctotheca calendula, unha flora amarela e chamativa como a do carpobrotus: parece unha margarida amarela.
Hai un interesante libro, que se pode baixar de internet. sobre as plantas invasoras de Galicia, no cal tamén se sinalan métodos para a súa erradicación.
Recomendo a súa lectura a tódolos que estean preocupados polo problema das plantas invasoras.
Esta é a súa dirección para baixalo:
http://www.siam-cma.org/publicacions/doc.asp?id=373

Juan dijo...

A ver se empregando código HTML consigo poñer o enlace directo ó libro sinalado no comentario anterior:
Plantas
invasoras de Galicia. Bioloxía, distribución e métodos de control

sito vazquez dijo...

Gracias, Juan, pola recomendación.
Deille un vistazo a publicación que me recomendaches, paréceme interesante.Gracias.