Círculo 8.Os fraudulentos. Aduladores, corruptos, ladróns, falsos profetas, etc. Aquí son sometidos a terribles torturas. ilustración de Gustave Doré para a Divina Comedia

“Os lugares máis
escuros do inferno están reservados para os que manteñen a
neutralidade nas épocas de crise moral”
Esta frase sacada da
Divina Comedia de Dante figura no epílogo da novela de Dan
Brown, Inferno.
Novela que nos presenta o
problema do crecemento exponencial da poboación mundial e a mingua
de recursos enerxéticos que de non corrixirse a curto prazo
conducirá á humanidade ó seu propio exterminio por escaseza de
alimentos e outros recursos básicos.
Este escenario ponnos
diante do dilema de se os organismos públicos (OMS, CDC) deben
atallar o problema con medidas destinadas á regulación da
natalidade ou por o contrario se respecta a liberdade de cada
individuo.
Inda que penso que é moi
interesante e preocupante a longo prazo a cuestión que expón, non
quero falar de esta novela, de este inferno.
Quero falar de un inferno
máis próximo, de un inferno que nos queima cada intre que nos
paramos a pensar como están vivindo tantas familias que hai uns anos
vivían dignamente de un traballo e hoxe están a vivir da caridade
pública.
Non quero estenderme en
dramatismos. Quero simplemente tratar de facer visible un problema
ético.
É xusto que un
Goberno aboque á poboación a que sufra por falta de alimentos, de
electricidade, de formación, de cultura, coa incerta finalidade de
conseguir un hipotético futuro mellor, que na máis optimista das
hipóteses, sempre será peor que o pasado?
Para min non é xusto e na
medida das miñas forzas apoiarei a quen loite por acabar con esta
situación.
Pero tamén comprendo a
aqueles que de boa fe ou en defensa dos seus intereses loitan por o
contrario.
Non podo nen quero entender os mornos.
Estamos diante de
unha profunda crise moral e hai que definirse, pois
“Os lugares máis
escuros do inferno están reservados para os que manteñen a
neutralidade nas épocas de crise moral”
No hay comentarios:
Publicar un comentario