viernes, 19 de septiembre de 2008

AS GUERRAS DO MEXILLÓN (2)

Unha parte do traballo títulado as "guerras do mexilón", por problemas técnicos que van máis alá dos meus coñecementos de informática non apareceu publicado no blog.

Velaí, pois, que abra este segundo capítulo onde se pretende recapacitar sobre solucións posibles cara a reducción dos custos.

É ben sabido que moitos pequenos productores están empeñados ata as orellas, pola adquisición de unha concesión a precios estratosféricos (uns 500.000€ de media por fondeadeiro), con data de caducidade. Facer frente a estas hipotecas non axuda ó fin que perseguimos, mais pódese tratar con axudas administrativas ou sen elas de conseguir aprazamentos ou moratorias.
Tamén é vox populi, que hai productores, que non lles interesa ningún tipo de control, por que as bateas son unha tapadeira para xustificar ingresos procedentes de outras actividades. Isto provoca desencontros.

Todos os propietarios de bateas dispoñen de un gran barco moi ben equipado, que en todo ou en gran parte foron financiados con fondos chagados da U.E. Tendo en conta que a maior parte dos productores dispoñen de unha batea ou dúas, entendo que o investimento non se corresponde coas necesidades, e anque o barco lles saíse de balde, o consumo e o mantemento non axudan ó pretendido abaratemento.


¿Que pensaríamos se cada viticultor membro de unha agrupación ou cooperativa, dispuxese de un gran camión para ir cinco ou dez días ó ano a viña para recoller a vendima o outros quince ou vinte para realizar as tarefas de mantemento?



¿Un despilfarro?. Sí. Mais no caso dos bateeiros e maior pois os camións poderíanse usar noutro tipo de transporte. Máis este non é o caso dos barcos, que están preparados únicamente para para o transporte e recolección do mexillón.



Co fin de empezar a reestructurar o sector:

Sería ben que as Agrupacións fixesen estudos para saber cantas bateas poden ser atendidas por un barco.

Sería ben que se centralizaran as descargas de cada ría nun único porto técnicamente equipado con todos os medios necesarios para a limpeza, depuración e conxelación.

Sería ven que unha barcaza ou gabarra "nodriza"de grande capacidade, recollese a produccón de cada unha das bateas e a levase a porto.

Sería ben que os productores controlasen depuración e comercialización para chegar o mercado con precios máis competitivos.

Sería ben que todos fixesen aportacións sensatas para que o cultivo do mexilón sexa rentable para os productores e o mesmo tempo competitivo en calidade e precio no mercado.

Sería ben que tomadas as medidas axeitadas se comenzara de inmediato a reestructurar o sector.

É un reto que hai que superar polo ben do sector, en particular e da economía das rías, en xeral.
Hoxe aínda podemos estar a tempo. Mañán pode ser tarde.

4 comentarios:

Medusa dijo...

A min gustaríame saber com lle vai chamar Pladimega ao o que é un simple monopolio.

Na Arousa dijo...

Descubrín este blog fai poucos días. Os temas propostos a debate son moi interesantes. Parabéns. Ademáis sería moi sana e necesaria a posible confrontación de ideas sobre os mesmos. Vexo, igual que no teu blog, que hai tempo que non se actualiza. O útlimo post en "Arousa a debate" é de novembro do ano pasado. Pero a min gustaríame comenzar polo principio. Teño algunhas dúbidas que penso que poderías aclarar, ademáis dalgunha idea. Non sei si aínda visitas o blog, gustaríame que respostases antes de comenzar a opinar, máis que nada polo tempo que transcorreu dende o último post. Espero que sigas aí. Adiántoche que vou ser moi convativo. Agardo que recollas a luva e o reto. A ver si con algo de actividade se xunta máis xente e sacamos algo de proveito. Escribo neste último post porque vexo que o blog non leva un rexistro de comentarios. Sería bo que o engadises. Saúdos e parabéns pola iniciativa, a ver si, aínda que sexa con algún retraso, se activa o debate.

Na Arousa dijo...

Unha suxerencia. Permite os comentarios anónimos. Os que consideres irrespetuosos bórralos sen máis e punto. Para eso eres o administrador do blog. Agardo a túa resposta.

Na Arousa dijo...

Xa ves que se pode adoptar unha identidade falsa. Eu así o fixen. Debes partir do feito de que o ineresante será o que se vai decindo, non a identidade do autor. É practicamente imposible en internet garantir de forma definitiva a idenditade, polo tanto é mellor partir desa premisa e aceptala. Está o asunto da firma electrónica, clave pública-privada, mais penso que a fin deste blog é o debate, de ideas, non de persoas. De tódolos xeitos creo que o fixestes coa intención de manter o respecto e as boas formas, e como puxen máis arriba, tí tes a sartén polo mango, borras o que non respecte. Xa ves, despois dalgún tempo, que ese non foi o problema, pero estou seguro que si foi un impedimento para o debate. Saúde